por martinho | Dic 13, 2024 | Autores/as, Creación, Novas, Outras Artes, Xeral
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe MATRIA, de ÁLVARO GAGO, continuando así co CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta novena proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 21 de decembro de 2024, ás 20:00 horas.
NOTA-INFORMATIVA-MATRIA
por martinho | May 22, 2023 | Autores/as, Creación, Novas, Outras Artes, Xeral
O sábado 27 de maio de 2023, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración con Concello de Vilalba, organiza unha nova proxección de cine galego coa longametraxe MATRIA, do director ÁLVARO GAGO. Estará presente na proxección a actriz protagonista da película, MARÍA VÁZQUEZ.
Nesta ocasión, para poder presenciar a película haberá que facer a reserva online na páxina https://entradasvilalba.es e, ademais, de xeito excepcional, aboar a cantidade de 3,50 € (cantidade que vai destinada á distribuidora do film). Así mesmo, pódese facer esta xestión na Casa da Cultura ou, o mesmo día da proxección, na billeteira do Auditorio.
NOTA_INFORMATIVA_MATRIA-copia
por martinho | Mar 25, 2019 | Autores/as, Novas, Xeral
Adxuntamos cartaz e nota informando da proxección da curtametraxe MATRIA, de ÁLVARO GAGO, nun acto organizado polo IESCHA coa colaboración do CONCELLO DE VILALBA, e que terá lugar o vindeiro VENRES, DÍA 29 DE MARZO, ÁS 20:30 HORAS, NO AUDITORIO MUNICIPAL, con entrada de balde. Así mesmo, ao remate desta curtametraxe, proxectarase “RETALLOS CHAIREGOS”, de Benigno Mayán, con personaxes e paisaxes da Terra Chá dos anos 60.
*Información facilitada polo IESCHA.