Manuel María (1929-2004) e Neira Vilas (1928-2015) son dous autores fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX. Ambos pertencen, por idade, á mesma xeración, mais en canto o primeiro desenvolve a súa actividade literaria desde o interior da nación en tempos de ditadura e nas primeiras décadas do período posfranquista, o segundo faino fundamentalmente desde a Galiza emigrante, seguindo o pulso cultural do seu país a quilómetros de distancia. Aínda así, mantiveron unha intensa relación por correspondencia, nomeadamente na década de 60 e nos primeiros anos da seguinte, que se foi transformando nunha amizade epistolar sustentada no compromiso mutuo coa lingua e a cultura galegas e coas clases populares.
As persoas interesadas en asistir a esta actividade, por favor, anotádevos previamente contestando este correo electrónico.
Aproveitamos este aviso para vos anunciar que o próximo 28 de novembro, domingo, ás 18.30, no auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo, levarase a escena A lúa vai encuberta, proxecto gañador do 2º Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. Animámosvos, a todos aqueles e aquelas que sexades de Lugo e comarca, a que asistades. Esta peza interpretada polas compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, ten como elenco artístico a Tito Asorey, Melania Cruz, Vanesa Sotelo e Davide González. Non o dubidedes, ídelo pasar moi ben e paga moitísimo a pena vela. Máis información sobre os billetes en