A Federación de asociacións culturais Galiza Cultura convídanos á festa-agasallo para Manuel Lourenzo, figura central do teatro galego. Esta levarase a cabo este domingo, 19 de decembro, ás 19.00 horas, no Teatro Rosalía De Castro da Coruña, e anímanos a asistir e difundir esta homenaxe por toda Galiza. A entrada é libre até completar a capacidade do teatro.
O VENTO NAS BRASAS de MANUEL LOURENZO o sábado, día 23 de marzo, ás 18 hrs.
O día 21 de marzo é o Día da Poesía e a Casa-Museo Manuel María celebrarao o sábado 23 cun espectáculo único que preparou para a ocasión e que protagoniza un dos nosos grandes actores e dramaturgos, Manuel Lourenzo. Sobre o cenario, Lourenzo recitará textos poéticos e teatrais de Rosalía, Pondal, Curros, Otero Pedraio, Cunqueiro, Manuel María…
A entrada é libre até encher o aforo.
Pode reservarse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao 698177621
*Información achegada desde a Casa-Museo Manuel María.