Última proxección do Ciclo Mestre Mateo: o filme O CORNO no Auditorio Municipal de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe O CORNO, de JAIONE CAMBORDA, PELÍCULA GAÑADORA DO PREMIO MESTRE MATEO 2024Remátase deste xeito coas proxeccións do CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindounos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.

Esta décima e última proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 28 de decembro de 2024, ás 20:00 horas.

NOTA-INFORMATIVA-O-CORNO-copia

Proxección da película O CORNO, de Jaione Camborda, no Auditorio Municipal de Vilalba

O venres 20 de outubro de 2023, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza unha nova proxección de cine galego coa longametraxe O CORNO, da directora Jaione Camborda. Nesta ocasión, para poder presenciar a película haberá que facer a reserva de entradas online na páxina do Concello https://entradasvilalba.es e, ademais, de xeito excepcional, aboar a cantidade de 3,00 € (cantidade que vai destinada á distribuidora do film). Así mesmo, pódese facer esta xestión na Casa da Cultura ou, o mesmo día da proxección, na billeteira do Auditorio.

NOTA-INFORMATIVA_O-CORNO