O IESCHA organiza a Exposición de Debuxo e Pintura de Isabel Pardo, dende o 6 ao 31 de Outubro de 2017 no Auditorio Municipal de Vilalba
A inauguración da mesma producirase o vindeiro venres, 6 de outubro, a partir das 20:30 horas.
O Instituto de Estudios Chairegos, continuando coa súa programación de outuno, ten previsto presentar o venres, día 6 de outubro de 2017, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, a EXPOSICIÓN DE DEBUXO E PINTURA, con traballos da artista chairega ISABEL PARDO MARTÍNEZ, alumna de 4º de ESO no IES BASANTA SILVA.
A exposición confórmana 26 obras de debuxo -con técnicas de carbonciño ou lapis- e pintura -óleos, principalmente-.
A debuxante e pintora escribe así sobre o seu traballo:
“Debuxo para encher o tempo no que tardo ver chover.
Debuxo para ver música e escoitar pintura.
Debuxo para estar con aqueles cos que non poido estar.
Debuxo para evocar ese arrecendo un pouco doce, un pouco amargo; un pouco a pechado e un pouco a mar aberto.
Debuxo para contar segredos inconfe-sablemente reais, porque iso salva dunha morte a distancia, a distancia entre a mente e a vida.
Debuxo para separar a razón da parte que me incumbe.
Para non correr en círculos humanos.
O problema chegará o día no que descubra que debuxar non me salva do mundo, senón que me salva de min mesma.”