FESTIULLOA en Antas de Ulla e homenaxe a Marisol Soengas en Agolada
A próxima fin de semana terá lugar unha das celebracións máis importantes e esperadas do verán da Ulloa: FESTIULLOA, o festival que organizan desde Quercus Sonora. Os concertos serán o venres 5 e o sábado 6 de agosto, pero o programa vai de xoves a sábado con diferentes actividades.
Por outra parte, o sábado 6 de agosto celebrarase en Agolada, en sesión de mañá e tarde, unha homenaxe e o nomeamento de filla predilecta á eminente científica Marisol Soengas, que ten vínculos tamén con Antas de Ulla. O director e socios do IEU de Antas asistirán á homenaxe en representación do propio instituto ulloán.