por martinho | Jun 5, 2022 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Outras Artes, Xeral
O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, ven de levar a cabo a montaxe na Casa da Cultura da exposición “O CASTRO, TAMÉN NA ORIXE DA LIXG”, comisariada por Héitor Picallo e organizada por GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).
Permanecerá aberta do 1 ao 30 de xuño de 2022.
NOTA-INFORMATIVA-GALIX-O-CASTRO-
por martinho | May 20, 2022 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
Chega unha nova edición dos Roteiros Literarios pola provincia de Pontevedra 2022, unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Hai 25 prazas para cada un deles. As inscricións (máximo de 2 roteiros por persoa que se inscriba) poden realizarse no formulario dispoñíbel aquí.
Os roteiros son os seguintes:
– Vigo. 29 de maio. Ana Abad de Larriva. Roteiro polo Vigo teatral a través do tempo. De 11:30 a 13:00. Partida: Porta do Sol.
– A Estrada. 5 de xuño. Xoán Carlos Garrido Couceiro. Manuel García Barros, o escenario da súa pluma insubmisa. De 11:30 a 13:00. Partida: Casa do Concello.
– Bueu. 12 de xuño. Míriam Ferradáns. Darse en auga. Os versos do azul. De 11:30 a 13:00. Partida: Biblioteca Torrente Ballester.
– Pontevedra. 19 de xuño. Elena Gallego Abad. CITA na Pontevedra de tinta e pedra. De 11:30 a 13:00. Partida: Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA).
– Cuntis. 26 de xuño. Héitor Picallo: O Baño (Cuntis), unha vila de augas e de letras. De 11:30 a 13:00. Partida: Praza das Árbores.
por martinho | Nov 1, 2017 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Este venres 3 de novembro, a partir das 20:15 h. na Casa da Cultura de Vilalba, o escritor chantadino Xosé Lois García presentará o seu libro No soño dos ollos. Os textos de dito libro van acompañados coas ilustracións realizadas por María Guerrero.
No acto de presentación participarán, ademais do autor e da ilustradora, Héitor Picallo, que é o prologuista do libro, Matías Rodríguez, escritor e profesor e Agustín Baamonde, como alcalde de Vilalba.