Exposición O HERBARIO DE ROSALÍA, no Auditorio Municipal de Vilalba

A partir do luns 18 e ata o domingo 31 de marzo de 2024, poderase contemplar no Auditorio Municipal de Vilalba a exposición ‘O Herbario de Rosalía, unha mostra con 40 imaxes do Herbario real realizado polas profesoras María López Sández e Isabel Fraga en 2019, con fotografías de Miguel Fraga. Non se trata dun herbario científico, senón dun literario, unha homenaxe á obra rosaliana e á unión da literatura coa natureza. Está organizada polo Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro e o Concello de Vilalba.

A exposición amosa 40 imaxes do Herbario divididas en cinco seccións: rosas, herbas do campo florido, herbiñas do camposanto, árbores e outras flores, plantas e especies comestibles. Cada unha destas seccións vai acompañada dun panel explicativo no que se desenvolve a importancia desa serie na obra de Rosalía, así­ como, en xeral, o nexo entre literatura e natureza. Acompáñao un vídeo co recitado profesional dos versos de Rosalí­a e a proxección da totalidade dos pregos.

Horario de apertura da expo: De luns a venres de 18 a 22h // Sábados e festivos de 12 a 14h

NOTA-INFORMATIVA-22HERBARIO-ROSALIA22

A Casa-Museo Manuel María programa unha Observación Astronómica na Capela de Santa Isabel en Outeiro de Rei

Eu sei dunha estrela

cal outra non vin:

se eu ollo para ela,

ela olla pra min…!

Este sábado, 17 de xuño, desde a Casa-Museo Manuel María programarase unha OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA na capela de Santa Isabel, no mesmo Outeiro de Rei, a partir das 23 horas. Observación guiada do ceo a simple vista e con prismáticos a cargo da Agrupación Astronómica Ío, entidade, esta, que impulsou a proposta, coa colaboración da Fundación Rosalía de Castro e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, para que a finais de 2019 a Unión Astronómica Internacional nomease unha estrela co nome Rosalíadecastro.

Martín Pawley, da Agrupación Ío, será a persoa que aprenderá a recoñecer algunhas constelacións características do ceo de verán e a orientar coa axuda do firmamento. Observarase, cos prismáticos, algúns obxectos do ceo profundo, entre eles a estrela Rosalíadecastro. Durante a actividade iranse explicando cuestións científicas sobre o ceo (tipos de estrelas, evolución estelar…), así como diferentes aspectos da cultura e as tradicións asociadas ao fimamento. Convídase ás persoas que asistan, que se teñen, traian os seus propios prismáticos para a observación. 

Previamente, e a partir das 21.30 horas, na mesma Casa-Museo Manuel María, Martín Pawley desenvolverá un obradoiro para montar un PLANISFERIO CELESTE (mapa das estrelas). Aprendendo, posteriormente, a usalo para identificar as constelacións que podemos ver no ceo de Galiza en calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e dos días. O obradoiro vai dirixido para persoas maiores de once anos. 

As persoas interesadas pódense inscribir nas dúas ou nunha soa actividade, como desexen. As actividades son de balde e quen queira participar deberá anotarses en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621