Foliada de Outono de Castiñeiro Milenario o vindeiro 14 de decembro

O sábado 14 de decembro volven as foliadas a Begonte, volve a Foliada de Outono de Castiñeiro Milenario. Nesta ocasión temos unha novidade importante, pois temos un cambio de escenario e por primeira vez, faremos a foliada no Centro Sociocultural de Begonte,

A foliada comezará ás 18 horas cun obradoiro de construción de instrumentos miúdos a cargo de Pablo Pintor. Un obradoiro para pequenos e grandes, onde recomendamos que os máis pequenos veñan acompañados dun adulto. Aprenderemos a facer algún deses instrumentos pequenos de percusión que, por ser pequenos, non deixan de ser ben interesantes na nosa música tradicional. Será un xeito de mellorar as nosas habilidades manuais, coñecer algún deses instrumentos e se cadra tocar algunha peciña con eles. O obradoiro vai ser de balde para todas as persoas socias de Castiñeiro, e terá un custe de 10€ para persoas non socias. É necesario anotarse para ter unha previsión de asistencia no seguinte correo electrónico da asociación begontina castineiromilenario@hotmail.com

Ao remate do obradoiro haberá uns petiscos e a partir das nove da noite comezará a foliada con catro grupos participantes, os residentes Foliadeir@s do Castro e Treitoira que, como sempre, serán os encargados de romper o xeo e despois teremos ao grupo Pena VisoPetaticatúa e Xermolos. Ao remate haberá foliada libre ata que o corpo aguante.

Foliada de Outono de Castiñeiro Milenario

Unha nova edición da Foliada de Outono de Castiñeiro Milenario terá lugar o vindeiro sábado 14 de decembro na Casa do Pobo do Castro (Begonte, Lugo)

Nesta ocasión propoñemos un interesantísimo obradoiro de baile tradicional que impartirán as mozas de Andar cos tempos, Chus Caramés e Carme Campo, dúas bailadoras, mestras de baile e educadoras no ámbito da educación non formal. O obradoiro comezará ás sete e media da tarde e terá unha duración aproximada de hora e media e está aberto a calquera persoa que desexe ter un achegamento ao baile tradicional. O custe para persoas non socias é de 10 euros, mentres que para as persoas socias de Castiñeiro Milenario será de balde. É aconsellable anotarse se queres asistir enviando un correo a castineiromilenario@hotmail.com ou chamando ao 616705174.

Despois do abradoiro teremos un pequeno descanso con petiscos para repoñer forzas e comezaremos a foliada con tres grupos convidados para esta edición. Foliadeir@s do Castro, como grupo da casa, Buxos Verdes desde Vilalba e Foliada de Bosende desde Lugo. Ao rematar os grupos haberá foliada libre ata que os corpos aguanten.

Agradecemos a Buxos Verdes, Foliada de Bosende e a Chus e a Carme de Andar cos tempos a súa presenza e, por suposto, á Asociación Veciñal do Castro por deixarnos empregar ás súas instalacións da Casa do Pobo. Tamén agradecer o traballo de Brais García, deseñador do cartaz desta nova tempada de foliadas.

+info en https://castinheiromilenario.wordpress.com/2019/12/04/foliada-de-outono-2019/

AC Castiñeiro Milenario
Pacios, 85 27373 Begonte
http://castinheiromilenario.wordpress.com
https://gl-es.facebook.com/castineiro.milenario
https://twitter.com/CastinheiroMile
https://www.flickr.com/photos/castinheiromilenario/
http://festival27373.wordpress.com/

*Información facilitada por Castiñeiro Milenario.