MARÍA XOSÉ LAMAS NA FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA CON “SONETOS PREPOSICIONAIS”

MARÍA XOSÉ LAMAS NA FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA CON “SONETOS PREPOSICIONAIS”

O vindeiro 7 de agosto, no transcurso da Feira do Libro da Coruña, a escritora vilalbesa María Xosé Lamas estará presentando e firmando exemplares do seu último libro, SONETOS PREPOSICIONAIS, co cal acadou o 2º Premio na XLII Edición do Certame Literario do Concello de Vilalba.

O acto desenvolverase entre as 18 e as 19:30 horas na caseta de Alvarellos Editora.

Posteriormente, ao redor das 21:10 horas, a propia autora acudirá á presentación de OLGA, a Revista de poesía galega en Madrid, nacida ao abeiro do Grupo poético Bilbao, pois participou, xunto con outras vintetres poetas galegas, no presente número de OLGA, intitulado nesta ocasión Donas vintecatro.