Inauguración da exposición colectiva “Pambre, a arca de pedra”, no Castelo de Pambre
O venres 10 de xuño ás 12,00 h o IEU inaugura no castelo de Pambre a exposición colectiva PAMBRE, A ARCA DE PEDRA, comisariada pola galerista Cristina Carballedo Penelas e coordinada por Braulio Vilariño, que xira en torno á figura animal e a actividade agrícola desenvolvida no propio castelo durante séculos.
Dende ángulos moi diferentes, os artistas que participan neste proxecto amósannos a súa particular visión do mundo animal con estilos e soportes moi diversos. Poderedes ver esculturas de Álvaro de la Vega, Camilo Seira, Óscar Aldonza, Paulo Neves, Xoán Vila e Alberto Gulías; pinturas de Julio Sanjurjo, Seara, Correa Corrredoira, Jorge Espiral, Xer Refojo, Miguel Anxo Macía, Peña Romay, Adolfina Mesa, Lomarti e Andrés. G. Shuttleworth, e fotografías de Edu Valiña, Peter Schneider e Xosé Reigosa.
Os carteis e dípticos, como en anteriores exposicións organizadas polo IEU no castelo de Pambre, foron deseñados por Azucena Souto (Dú-as).