Exeria é unha banda de grunge/rock dos 90 en galego formada no 2021. O pasado 11 de marzo lanzaron o seu primeiro sinxelo, “Un novo nome” acompañado dun videoclip dirixido pola artista multidisciplinar Wences Lamas. Foi compartido no Zig Zag Diario da TVG e en diferentes medios como “Galiza Metalica”, “Rouco Son”, “Canedo Rock” e “Abrete de orellas” entre outros.
Ademais de resultaren gañadores do certame de bandas Trece Roeis Fest 2023, tras unha selección previa entre moitos grupos de toda Galicia e unha batalla de bandas contra outras 6 bandas/artistas.
Para os que viviron a convulsa década dos 90´s sempre houbo moito e moi bo onde escoller. A escena do grunge americano cuxa capital foi Seattle compartiu época co Britpop, ou estilos máis alternativos coma ou Nu Metal. Moitas destas influencias podemos escoitalas en bandas coma Exeria, que evolucionaron naqueles anos e destilan un rock en galego que non deixa a ninguén indiferente. Dende que en marzo lanzaron “Un novo nome”, teñen xirado por todo o sur de Galicia, levando os seus temas ao directo, o cal lles proporcionou o primeiro premio do concurso de bandas do Trece Roeis Fest 2023.
Están a piques de pecharse no estudio a rexistrar novos temas así que recomendamos non fallar a esta cita. As dúas ultimas oportunidades para velos serán:
Mércores 23/08 O Pirata- Avda de Samil 22, Vigo Xoves 24/08 Ciclo Solpores na Rebullón (+Electric Lager) – Sala Rebullón -Tameiga, Mos
Este Venres 7 de Xullo Exeria regresan ao Jota Jota Bar no Rosal, dentro das actividades programadas para conmemorar o 1º aniversario do local. O concerto terá lugar as 23h puntuais, despois da “Festa ibicenca” que dará comezo as 19 horas. Vai ser o punto de partida para os 3 dias cheos de cultura e celebración no local con entrada libre.
Acaban de resultar gañadores do certame de bandas Trece Roeis Fest 2023, tras unha selección previa entre moitos grupos de toda Galicia e unha batalla de bandas contra outras 6 bandas/artistas. O seu estilo grunge/rock dos 90 en galego, que lembra a bandas coma os primeiros Radiohead, Nirvana ou incluso Oasis, trae de novo as guitarras ao fronte e fará as delicias de todos os fillos da xeración X.
O sábado 11 de marzo lanzaron o seu primeiro sinxelo, “Un novo nome” acompañado dun videoclip dirixido pola artista multidisciplinar Wences Lamas. A letra trata sobre a transición, a aceptación dos cambios na nosa vida, así como as escollas que esta obríganos a realizar. Neste tema pregúntanse se cando algo remata abruptamente e debemos adaptarnos a una nova realidade, teremos a forza para comezar una vida distinta e renacer? Foi compartido no Zig Zag Diario da TVG e en diferentes medios como “Galiza Metálica”, “Rouco Son”, “Canedo Rock” e “Ábrete de orellas” entre outros.
Neste momento atópanse inmersos na xira de presentación deste tema, con moitas datas en Galicia e nun futuro próximo Portugal.
O vindeiro sábado 1 de xullo o grupo Exeria regresa aos escenarios do Chiringuito Patapalo, local situado na paradisíaca Illa de Arousa. Acaban de resultar gañadores do certame de bandas Trece Roeis Fest 2023, tras unha selección previa entre moitos grupos de toda Galicia e unha batalla de bandas contra outras 6 bandas/artistas. O seu estilo grunge/rock dos 90 en galego, que lembra a bandas coma os primeiros Radiohead, Nirvana ou incluso Oasis, trae de novo as guitarras ao fronte e fará as delicias de todos os fillos da xeración X.
O sábado 11 de marzo lanzaron o seu primeiro sinxelo, “Un novo nome” acompañado dun videoclip dirixido pola artista multidisciplinar Wences Lamas. A letra trata sobre a transición, a aceptación dos cambios na nosa vida, así como as escollas que esta obríganos a realizar. Neste tema pregúntanse se cando algo remata abruptamente e debemos adaptarnos a una nova realidade, teremos a forza para comezar una vida distinta e renacer? Foi compartido no Zig Zag Diario da TVG e en diferentes medios como “Galiza Metálica”, “Rouco Son”, “Canedo Rock” e “Ábrete de orellas” entre outros.
Neste momento atópanse inmersos na xira de presentación deste tema, con moitas datas en Galicia e nun futuro próximo Portugal.
Exeria, un grupo de grunge/rock 90´s en galego formado en 2021, paricipará este sábado 3 de xuño no concurso de bandas do Trece Roeis Fest en Ferreira de Pantón as 19:30h. E rematarán a festa en ORIGEN, O Porriño as 21:30h .
Esta banda xa lanzara o pasado 11 de marzo o seu primeiro sinxelo, Un novo nome acompañado dun videoclip dirixido polo artista multidisciplinar Wences Lamas.
Exeria, o grupo de grunge/rock 90´s en galego de Ponteareas actuará o vindeiro sábado 20 ás 21h. en Allariz no Ciclo “Rock & Beer nights” que tera lugar en “O xardin da ledicia”.