O auditorio da Sede Afundación acollerá a partir das 12.30h a mesa redonda de acceso libre ‘O negocio do humor’, na que participarán Álex Clavero, Juan Herrera, Raquel Martos e o propio director artístico do EMHU, Luis Piedrahita
O Encontro Mundial de Humorismo afronta a derradeira fin de semana da súa cuarta edición na Coruña con algúns dos pratos fortes do seu cartel deste 2024. É o caso de La ruina, o show de Tomás Fuentes e Ignasi Taltavull baseado no podcast hómonimo e que regresa ao EMHU cunha dobre sesión no Teatro Colón. As citas serán ás 12.30 e ás 18.00 horas e as entradas para ambos pases están esgotados desde hai semanas. Como é habitual na propsota, cada sesión precisará da colaboración activa do público, ademais das dúas figuras convidadas que participarán contando as súas “ruinas”, e quen as e os asistentes só descubrirán unha vez comece o espectáculo.
Por otra banda, o Pazo da Ópera acollerá este sábado, 4 de maio, unha dobre sesión do espectáculo Humoris Causa, ás 19.00 e 22.00 horas. Neste 2024, a produción propia do EMHU volverá xuntar, por primeira vez sobre un escenario, a catro dos mellores humoristas do país para facernos sorrir coma nunca. Nesta ocasión, a cita contará co imcomparable inxenio de Sílvia Abril, Leo Harlem, Goyo Jiménez e Luis Piedrahita, director artístico do EMHU.
Antes, na mañá do sábado, ás 12.30h, o debate estará servido no Auditorio da Sede Afundación, coa mesa redonda O negocio do humor, unha proposta de entrada libre na que participarán Álex Clavero, Juan Herrera, Raquel Martos e Luis Piedrahita. Cuestións como se o humor é un bo negocio, ou se é posible vivir del, serán o fío condutor para esta charla guiada polos protagonistas de algúns dos proxectos máis exitosos e creativos da radio, a televisión e o teatro do noso país.
A mesa O negocio do humor é unha das actividades paralelas que, no marco do EMHU, forman parte da campaña Cultura por Alimentos, impulsada por Afundación (Obra Social ABANCA) e na que se convida ao público a trocar a súa “entrada libre” ao auditorio por produtos non perecedoiros que, posteriormente, distribuirá o Banco de Alimentos Rías Altas.
Peche o domingo 5
O Encontro Mundial de Humorismo botará o pano da súa cuarta edición o domingo 5 de maio. Pola mañá, a partir das 12.30 horas, o Teatro Colón acollerá a gravación do podcast El sentido de la birra, no que Ricardo Moya entrevistará a Antonio Resines. Non quedan convites dispoñibles para a cita, incluída na programación de actividades paralelas do EMHU.
Xa pola tarde, a partir das 20.00 horas no mesmo recinto, terá lugar a gala final de clausura Fantastic Colofon, que nesta ocasión conducirán Javier Veiga, Xosé A. Touriñán, As R(h)umorosas (Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro) e David Cepo. Será unha noite ateigada de gags, risas e momentos únicos para gardar na memoria. Durante o desenvolvemento da gala, ademais, entregaranse os Premios EMHU 2024 a Antonio Resines, Goyo Jiménez e Xosé Ramón Gayoso.
AXENDA EMHU 2024 – SÁBADO 4 DE MAIO
O NEGOCIO DO HUMOR
Sábado 4 de maio, ás 12.30 horas, na Sede Afundación (entrada libre)
É o humor un bo negocio? Pódese vivir diso? Canto diñeiro ten Broncano no banco? Todas estas preguntas -e outras moitas- NON se responderán na mesa coloquio que presentan Álex Clavero, Raquel Martos, Juan Herrera e Luis Piedrahita. Os catro dedicaron a súa vida ao turbio negocio do humor, protagonizando algúns dos proxectos máis exitosos e creativos da radio, a televisión e o teatro. Na conversa O negocio do humor descubrirannos as súas experiencias, os seus éxitos e, sobre todo, os seus fracasos. O humor para eles é unha forma de vida, pero, tamén, unha actitude ante a mesma.
Álex Clavero dedícase a contar historias dende a verdade -aínda que igual é esaxerar-. Diante do micrófono ten o humor xestual, a simpatía, o ilóxico e o ritmo como ingredientes fundamentais. É o El Francotirarock no programa de El pirata y su banda, de RockFM. Foi guionista en programas de televisión como El Hormiguero e colaborador en espazos como Lo mejor que te puede pasar, de Nuria Roca.
Juan Herrera é unha auténtica eminencia no mundo da radio e a televisión. É un dos piares fundamentais do entretemento tal e como o coñecemos: foi o creador de xoias como Humor Amarillo ou o Gran Prix, un dos guionistas do primeiro Club de la Comedia, e peza crave no nacemento de El Hormiguero. E isto é só a punta do iceberg.
Luis Piedrahita é humorista, escritor, ilusionista, presentador e director de cine. É colaborador e guionista do programa de entretenimiento máis exitoso da televisión: El Hormiguero 3.0. Tamén colabora habitualmente en La Ventana, na Cadena Ser. É autor de sete best sellers de humor, entre eles Cambiando muy poco algo pasa de estar bien escrito a estar mal escroto e A mí este siglo se me está haciendo largo.
Raquel Martos, xornalista, guionista e escritora que desenvolveu case toda a súa carreira no mundo audiovisual. Traballou en radio e televisión con figuras como Pablo Motos, Luis del Olmo, Carlos Alsina ou Julia Otero, entre moitos outros. Na súa extensa traxectoria pasou por medios como Onda Cero, M80, SER, Antena 3, Movistar Plus+ ou a televisión pública (La 1, La 2).
LA RUINA
Sábado 4 de maio, ás 12.30 e 18.00 horas, no Teatro Colón (entradas esgotadas)
La ruina é un show conducido por Ignasi Taltavull e Tomàs Fuentes no que tanto asistentes como invitados especiais comparten en público a súa anécdota máis embarazosa: aquela vez que a súa parella rompeu por WhatsApp, cando se durmiron nunha reunión importante, un malentendido cun taxista… A típica anécdota que, obviamente, sempre é ben recibida nunha cea! Cun invitado especial que compartirá as súas miserias -que será diferente en cada un dos pases programados este sábado, 4 de maio, na Coruña-, La ruina promete ser, de novo, un dos momentos máis inesquecibles do EMHU.
HUMORIS CAUSA
Sábado 4 de maio, ás 9.00 e 22.00 horas, no Palacio da Ópera (entradas esgotadas)
A gala con máis percorrido do EMHU regresa un ano máis para que as figuras da comedia máis destacadas do panorama nacional dean boa conta do seu inxenio. Humoris Causa é un espectáculo sen precedentes, que é, á súa vez, o precedente de propostas como Mentes peligrosas. Neste 2024, volverá xuntar, por primeira vez sobre un escenario, a catro dos mellores humoristas do país para facernos sorrir coma nunca. Nesta edición a cita ineludible do EMHU contará con Sílvia Abril, Leo Harlem, Goyo Jiménez e Luis Piedrahita.
Sílvia Abril, Antonio Resines, Jordi Moltó, Juan Herrera, Raquel Martos, Dani Alés e David Perdomo, entre outras. grandes figuras da comedia e da comunicación, protagonizan o programa de actividades paralelas gratuítas deste EMHU 2024
O Encontro Mundial de Humorismo, que suma máis de 18.400 entradas vendidas cando queda un mes e medio para a súa celebración, ofrecerá en directo e en aberto para todos os públicos os podcast de entrevistas ‘El nicho’ e ‘El sentido de la birra’, ademais dun ‘Match de Impro’ da Escola de Impro Coruña
Sílvia Abril, que actuará na gala ‘Humoris Causa’, presentará e asinará o seu libro ‘Pérdidas de risa’ nunha charla xunto ao director artístico do EMHU, Luis Piedrahita
Así mesmo, os fans do EMHU poderán gozar das conversas ‘O negocio do humor’, na que participará Juan Herrera – creador de ‘Humor Amarillo’, entre outros-, e ‘Coidado coas bromas: unha mesa redonda sobre os perigos da comedia’
Pola súa banda, Jordi Moltó aterrará no Teatro Colón coa súa escachante proposta para todas as idades ‘Lo que me han enseñado los mayores’, e á que o público poderá asistir solicitando a súa invitación a través dos centros cívicos municipais
As invitacións para as actividades paralelas do EMHU 2024 que requiren reserva previa (‘El sentido da birra’ e ‘Lo que me han enseñado los mayores’) poderanse retirar a partir das 12.00 horas do luns 18 de marzo en www.ataquilla.com
Nas fotografías adxuntas do acto aparecen:
Alcaldesa de A Coruña, Inés Rey.
Secretario territorial da Delegación na Coruña da Xunta de Galicia, Severino Álvarez.
Responsable de Cultura, Orixe e Gastronomía de Hijos de Rivera, Goretti Castro.
Director artístico de EMHU, Luis Piedrahita.
Humoristas de Galicia: Roberto Vilar, Tito Asorey, David Amor, Marta Doviro, Ledicia Sola, Carmen Méndez, Oswaldo Digón, María Fernandez.
O Encontro Mundial de Humorismo está a piques de pendurar o cartel de “entradas esgotadas” para La capital del pecado 2.0, de Juan Dávila, no Coliseum; ao igual que en citas como Humoris Causa, Esto no es un show ou Mentes peligrosas, das que activa novas funcións
A venda de billetes abriuse onte ás 11 horas e tres dos catro tipos de abonos xa están esgotados; mais aínda é posible adquirir as últimas unidades do nomeado ‘Bueno, de lo bueno, lo mejor’
O Encontro Mundial de Humorismo vén de batir un novo récord na súa recente historia: en tan só 24 horas, o público adquiriu máis de 13.000 entradas para os espectáculos que se poderán ver na súa nova edición, que terá lugar do 25 de abril ao 5 de maio de 2024 na Coruña. Propostas como La capital del pecado 2.0, de Juan Dávila, Humoris Causa ou Esto no es un show, de Galder Varas, están a piques de pendurar o cartel de “entradas esgotadas”.
O EMHU 2024 activou a venda de billetes onte, venres 22, ás 11.00 horas, a través da páxina www.emhu.es e da plataforma www.ataquilla.com. A alta demanda de entradas en citas como a gala Humoris Causa –na que se xuntarán por primeira vez sobre un escenario Goyo Jiménez, Leo Harlem, Luis Piedrahita e Sílvia Abril- ou Esto no es un show deu pé a apertura de novas funcións nos dous casos; circunstancia que se repite esta mesma mañá, pois o EMHU vén de activar este mediodía unha segunda sesión de Mentes peligrosas, que contará con Ana Morgade, Carolina Iglesias, Eva Hache e Henar Álvarez.
A boa acollida da programación do EMHU 2024, que conta co apoio de Estrella Galicia, Concello da Coruña e Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia, veuse reflictida tamén na importante demanda de abonos. Nas primeiras horas do venres 22, esgotáronse os nomeados ‘Bueno’ (60€), ’Bueno, bueno’ (78€) e ‘Bueno, de lo bueno lo mejor, de lo mejor, lo superior’ (162€).Este sábado 23 unicamente quedan dispoñibles as últimas unidades dos abonos ‘Bueno, de lo bueno, lo mejor’(87€), que inclúe o acceso aos espectáculos Tengo coas para hacer, La nueva normalidad, La ruina, Humoris Causa e Fantastic Colofon.
O EMHU é a cita humorística máis relevante de España tanto polo número de espectadores que reúne en cada edición (máis de 15.000 personas no 2023) como polas múltiples funcións e producións propias que ofrece nun único evento. A programación de pago do EMHU 2024 contará con dez espectáculos que terán lugar en cinco recintos culturais. As sedes serán o Coliseum, no que estará Juan Dávila; o Teatro Colón, que acollerá boa parte do programa Celebreixon, Go Home, Esto no es un show, La nueva normalidad, La ruina e a gala de clausura Fantastic Colofon-; o auditorio do Palexco, no que se darán cita as Mentes peligrosas de Ana Morgade, Carolina Iglesias, Eva Hache e Henar Álvarez; a sede de Afundación, na que actuará a arxentina Dalia Gutmann; e o Pazo da Ópera, que acollerá o sábado 4 de maio a gala Humoris Causa.
Durante 11 xornadas, o humor e a improvisación provocarán o sorriso e o deleite do público grazas a algúns dos espectáculos máis seguidos do momento. É o caso de La capital del pecado 2.0, Mentes peligrosas ou Esto no es un show; mais tamén de producións propias como Fantastic Colofone Humoris Causa, citas nas que o EMHU xunta en exclusiva, en cada edición, un elenco de grandes figuras que se atopan, por vez primeira, nun mesmo escenario.
AVANCE PROGRAMACIÓN EMHU 2024
26/04, 21.00h – Coliseum | La capital del pecado 2.0, de Juan Dávila. 27/04, 19.00 e 22.00h – Palexco | Mentes peligrosas. Con Ana Morgade, Carolina Iglesias, Eva Hache e Henar Álvarez. 28/04, 20.00h- Teatro Colón | Celebreixon, de Roberto Vilar. 01/05, 19.30h – Teatro Colón | Go Home. Con David Amor e Josito Porto. 02/05, 20.00 e 22.30h – Teatro Colón | Esto no es un show, de Galder Varas. 03/05, 19.00h – Afundación | Tengo cosas para hacer, de Dalia Gutmann. 03/05, 21.00h – Teatro Colón | La nueva normalidad, de Álex Clavero. 04/05, 12.30h – Teatro Colón | La ruina. Con Ignasi Taltavull e Tomàs Fuentes. 04/05, 19.00 e 22.00h – Pazo da Ópera | Humoris Causa. Con Goyo Jiménez, Leo Harlem, Luis Piedrahita e Sílvia Abril. 05/05, 20.00h – Teatro Colón | Fantastic Colofon. Con As R(H)umorosas (Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro), David Cepo, Javier Veiga e Xosé. A. Touriñán.
O público poderá adquirir os seus billetes para as funcións de La capital del pecado 2.0, Mentes peligrosas, Celebreixon, Go Home, Esto no es un show, Tengo cosas para hacer, La nueva normalidad, La ruina, Humoris Causa e Fantastic Colofon a partir das 11.00 horas deste venres 22 na páxina web oficial www.emhu.es e na plataforma www.ataquilla.com
O EMHU 2024 contará, como é habitual no evento, con catro tipos de abonos, cada un deles cun número diferente de espectáculos
O Encontro Mundial de Humorismo pon á venda este venres, 22 de decembro, as entradas e os abonos da súa cuarta edición, que se celebrará do 25 de abril ao 5 de maio de 2024 na Coruña. A partir das 11.00 horas da mañá, o público poderá adquirir os seus billetes para os espectáculos do EMHU 2024 a través da páxina web www.emhu.es ou da plataforma www.ataquilla.com.
A programación de pago do EMHU 2024 contará con dez espectáculos que terán lugar en cinco recintos culturais. As sedes serán o Coliseum, no que estará Juan Dávila -quen o ano pasado esgotou as entradas para o seu show en cuestión de minutos-; o Teatro Colón, que acollerá boa parte do programa –Celebreixon, Go Home, Esto no es un show, La nueva normalidad, La ruina e a gala de clausura Fantastic Colofon-; o auditorio do Palexco, no que se darán cita as Mentes peligrosas de Ana Morgade, Carolina Iglesias, Eva Hache e Henar Álvarez; a sede de Afundación, na que actuará a arxentina Dalia Gutmann; e o Pazo da Ópera, que acollerá o sábado 4 de maio a gala Humoris Causa -na que se atoparán por vez primeira, xuntos nun escenario, Leo Harlem, Luis Piedrahita, Goyo Jiménez e Sílvia Abril-.
Ademais, tal e como é habitual no EMHU, o público poderá adquirir até catro tipos de abonos diferentes, en función do número de espectáculos que abrangue cada un, desde o máis económico -nomeado ‘Bueno’- até o que inclúe toda a programación troncal de pago -‘Bueno, de lo bueno lo mejor, de lo mejor, lo superior’.
Abono ‘Bueno’: Humoris Causa + Mentes peligrosas (60€ + gastos de xestión).
Abono ‘Bueno, bueno’: La capital del pecado 2.0 + Mentes peligrosas + Celebreixon + Go Home (78€ + gastos de xestión).
Abono ‘Bueno, de lo bueno, lo mejor’: Tengo cosas para hacer + La nueva normalidad + La ruina + Humoris Causa + Fantastic Colofon (87€ + gastos de xestión).
Abono ‘Bueno, de lo bueno lo mejor, de lo mejor, lo superior’: La capital del pecado 2.0 + Mentes peligrosas + Celebreixon + Go Home + La nueva normalidad + Esto no es un show + Tengo cosas para hacer + Humoris Causa + La ruina + Fantastic Colofon (162€ + gastos de xestión).
EMHU 2024
O EMHU é a cita humorística máis relevante de España tanto polo número de espectadores que reúne en cada edición (máis de 15.000 personas no 2023) como polas múltiples funcións e producións propias que ofrece nun único evento. Neste 2024, o Encontro Mundial de Humorismo contará coa presenza das grandes figuras da comedia galega e estatal, como son Álex Clavero, Ana Morgade, Carolina Iglesias, Dalia Gutmann, David Amor, David Cepo, Eva Hache, Galder Varas, Goyo Jiménez, Henar Álvarez, Ignasi Taltavull, Javier Veiga, Juan Dávila, Leo Harlem, Luis Piedrahita, Roberto Vilar, Sílvia Abril, Tomàs Fuentes, Xosé A. Touriñán e As R(h)umorosas (Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro).
Durante 11 xornadas, o humor e a improvisación provocarán o sorriso e o deleite do público grazas a algúns dos espectáculos máis seguidos do momento. É o caso de La capital del pecado 2.0, Mentes peligrosas ou Esto no es un show; mais tamén de producións propias como Fantastic Colofone Humoris Causa, citas nas que o EMHU xunta en exclusiva, en cada edición, un elenco de grandes figuras que se atopan, por vez primeira, nun mesmo escenario.
A programación do EMHU, impulsado polas produtoras Etiqueta Negra e El Espectador, e que conta co apoio de Estrella Galicia, Concello da Coruña e Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, completarase con máis espectáculos e diferentes actividades paralelas, dirixidas a todos os públicos, que se darán a coñecer nas vindeiras semanas. Para máis información sobre o horario das funcións, a sinopse dos espectáculos ou saber que artistas actuarán na Coruña, pódese visitar o espazo web oficial www.emhu.es.