Día da Poesía 2020 en Vilalba

O vindeiro sábado 21 de marzo, Día da Poesía, celebrarase na Casa da Cultura de Vilalba, a partir das 12:00h., un recital poético aberto á veciñanza. O acto está organizado polo Concello de Vilalba, a Asociación Cultural CALDALOBA e Culturalia GZ, e nel poderá participar quen o desexe co recitado de versos propios ou doutra autoría.

Calquera persoa interesada deberá inscribirse previamente, deixando constancia dos seguintes datos: nome completo, título do poema e autor/a do mesmo, no enderezo electrónico info@culturaliagz.com.

Manuel Lourenzo leva este sábado día 23 á Casa-Museo Manuel María o espectáculo “O vento nas brasas” no que homenaxea os nosos poetas

O VENTO NAS BRASAS de MANUEL LOURENZO o sábado, día 23 de marzo, ás 18 hrs.

O día 21 de marzo é o Día da Poesía e a Casa-Museo Manuel María celebrarao o sábado 23 cun espectáculo único que preparou para a ocasión e que protagoniza un dos nosos grandes actores e dramaturgos, Manuel Lourenzo.
Sobre o cenario, Lourenzo recitará textos poéticos e teatrais de Rosalía, Pondal, Curros, Otero Pedraio, Cunqueiro, Manuel María…

A entrada é libre até encher o aforo.

Pode reservarse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao 698177621

*Información achegada desde a Casa-Museo Manuel María.

21 de marzo, Día da Poesía

21 de marzo, Día da Poesía

O vindeiro martes, 21 de marzo, en Vilalba convidamos á cidadanía, en xeral, e á comunidade educativa, en particular, a que participen na proxección poética que mane do seu interior. Baixo o lema SENTE A POESÍA, queremos que, quen así o desexe, veña recitar poemas de autoría propia ou allea, co gallo de establecer un fío de comunicación entre os distintos colectivos da comunidade vilalbesa.

Daquela, agardamos pola túa participación. Ven, SENTE A POESÍA.

21 de marzo, Día da Poesía

21 de marzo, Día da Poesía

Segundo palabras da propia UNESCO, “a poesía é unha manifestación da diversidade no diálogo, da libre circulación das ideas por medio da palabra, da creatividade e da innovación. A poesía contribúe á diversidade creativa ao cuestionar de xeito sempre anovado a forma na que usamos as palabras e as cousas, e os nosos modos de percibir e interpretar a realidade. Grazas ás súas asociacións e metáforas e á súa gramática singular, a linguaxe poética constitúe, pois, outra faceta posíbel do diálogo entre as culturas.”

Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía e convídanos a reflexionar sobre o poder da linguaxe e o florecemento das capacidades creadoras de cada persoa. Tendo en conta a decisión da UNESCO, o primordial obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser unha canle de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.

Doutra banda, neste Día búscase promover o ensino da poesía; fomentar a tradición oral dos recitais poéticos; apoiar ás pequenas editoriais; crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha vía de expresión que permite ás comunidades os seus valores e reafirmarse na súa identidade; e restablecer o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, coma o teatro, a danza, a música e a pintura.

A decisión de proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía aprobouse pola UNESCO durante su 30º período de sesións, acontecido en París en 1999. A UNESCO anima aos Estados Membros a tomar parte activa na celebración do Día Mundial da Poesía, tanto a nivel local coma nacional, coa participación das ONG e das institucións públicas e privadas: autoridades locais, escolas, asociacións poéticas e culturais, museos, editoriais, etc.

Tendo en conta todo o anterior, o vindeiro martes, 21 de marzo, en Vilalba convidamos á cidadanía, en xeral, e á comunidade educativa, en particular, a que participen na proxección poética que mane do seu interior. Baixo o lema SENTE A POESÍA, queremos que, quen así o desexe, veña recitar poemas de autoría propia ou allea, co gallo de establecer un fío de comunicación entre os distintos colectivos da comunidade vilalbesa.

Daquela, agardamos pola túa participación. Ven, SENTE A POESÍA.