por martinho | Oct 21, 2024 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Outras Artes, Xeral
O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do VII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade á escritora gañadora, ANDREA BARREIRA, polo seu libro “QUEN PRECISA UNHA AVOA?”, que terá lugar o sábado, día 26 de outubro de 2024, ás 20:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA.
NOTA_INFORMATIVA_ENTREGA-PREMIO-AFP2024
por martinho | Feb 21, 2024 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Outras Artes, Xeral
O Instituto de Estudos Chairegos, continuando cos actos que durante os meses de febreiro e marzo ten programados en homenaxe a Rosalía de Castro baixo o título de QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA, organiza o venres 23 de febreiro de 2024, ás 20:00 horas, no Vestíbulo do Auditorio Municipal de Vilalba, a PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “A ROSA INCANDESCENTE”, realizado por DAVID VÁZQUEZ. No acto estará presente a guionista ANXOS GARCÍA, para conversar co público asistente. Contaremos tamén coa actuación dos grupos vilalbeses: CORREDORES DE SOMBRA e LAMBE LAMBE. Previamente, ás 19:30 h., levaríase a cabo a ofrenda floral no Parque Rosalía de Castro.
NOTA-INFORMATIVA-22A-ROSA-INCANDESCENTE22
por martinho | Jun 6, 2019 | Autores/as, Creación, Novas, Xeral
Corredores De Sombra
O grupo poético-musical Corredores De Sombra contará cunha nova voz para sumar ao cuarteto que xa forman Rosana Domínguez, Carme Mato, Baruk Domínguez e Pilar Maseda. Trátase do poeta e escritor naviego Toño Núñez.
E a primeira actuación onde se poderá gozar deste novo quinteto será o vindeiro 3 de Agosto de 2019 durante o ciclo Música na rúa, que organiza o Concello de Vilalba como actividade para o período estival.
Música e Poesía para estes novos tempos a cargo de Corredores De Sombra.
*Información facilitada por Corredores de Sombra.