O IESCHA presenta o libro “Conversas arredor de Xorima”, de Paulo Naseiro, no Auditorio Municipal de Vilalba

O sábado 19 de marzo de 2022, ás 20:00, no Auditorio Municipal de Vilalba.o acto de presentación do libro de Paulo Naseiro “Conversas arredor de Xorima”, obra editada no ano 2020 polo IESCHA, coa colaboración da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo
O acto contará tamén coa actuación do propio grupo Xorima.

Presentación do libro ‘Conversas arredor de Xorima’, de Paulo Naseiro, no Auditorio Municipal de Vilalba


O vindeiro 26 de decembro presentarase na capital chairega o libro Conversas arredor de Xorima, de Paulo Naseiro, editado polo Instituto de Estudos Chairegos. O evento marca o despegue do Proxecto Xorima, un proxecto transmedia que busca homenaxear o grupo de folk Xorima a través de múltiples medios e plataformas, recuperando a súa memoria e reunindo os membros da primeira formación despois de corenta anos.
Xorima foi un grupo revelación no nacente folk instrumental galego dos anos oitenta. Chegaron a actuar nos máis importantes festivais de folk en Galicia e traspasaron as súas fronteiras para acudir a citas como o Festival Intercéltico de Lorient. Do seu paso pola historia do folk galego deixaron pegada nun disco gravado en 1985.
O proxecto Xorima xa conta cunha páxina web, proxectoxorima.com, e está a producir un documental que será estreado o ano próximo. Nas redes sociais, pódense seguir todas as novidades a través de Twitter (@Proxecto_Xorima), Instagram (proxecto_xorima) e Facebook (@ProxectoXorima).
A presentación do libro Conversas arredor de Xorima terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba ás 20.00h, nun evento que tamén contará coa actuación de Xorima. As entradas, de balde,están dispoñibles na Casa da Cultura de Vilalba e na páxina web do Concello de Vilalba.
A organización do evento corre a cargo do Instituto de Estudos Chairegos, como principal asociación participante no proxecto, en colaboración co Concello de Vilalba.

*Información facilitada polo IESCHA