por martinho | Jun 26, 2019 | Autores/as, Novas, Xeral
Este vindeiro sábado 29 de xuño faremos unha visita guiada ao Vello Cárcere de Lugo, para que nos conten a súa historia como prisión franquista e como se levou a cabo a súa recuperación como edificio adicado á memoria e á cultura. A visita comezará ás sete da tarde polo que pedimos puntualidade e ademais é mellor anotarse, enviando un correo electrónico, porque o número de prazas é limitado.
Deixamos toda a info na nosa páxina e adxuntamos o cartaz, obra de
Brais García.
| Visita guiada ao Vello Cárcere de Lugo Despois de ver “Camilo, o último guerrilleiro” tivemos un interesante debate sobre a memoria histórica e sobre a incrible vida de Camilo de Dios. Nese debate unha das asistentes falou d… castinheiromilenario.wordpress.com |
AC Castiñeiro Milenario
Pacios, 85 27373 Begonte
http://castinheiromilenario.wordpress.com
https://gl-es.facebook.com/castineiro.milenario
https://twitter.com/CastinheiroMile
https://www.flickr.com/photos/castinheiromilenario/
http://festival27373.wordpress.com/
*Información facilitada por Castiñeiro Milenario.
por martinho | May 27, 2017 | Autores/as, Novas
A Homenaxe “A/O Escritor/a na súa Terra“,
que cada ano impulsa a AELG, chega neste 2017
á súa XXIII edición, recaendo por decisión da Asemblea
de Socias e Socios na figura de María Pilar García Negro.
Terá lugar o sábado 10 de xuño en Lugo. A partir das 11:30
desenvolverase o programa de actos que se achega en arquivo anexo.
*Información facilitada pola AELG.
por martinho | May 24, 2017
Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2017
Sábado, 27 de maio de 2017, ás 18:00 horas
Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo, Avenida Alcalde Anxo López Pérez, 34 (como chegar)
Co apoio das áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo.
Entrada libre
Acto de entrega dos diplomas acreditativos de MESTRAS DA MEMORIA ás Pandeireteiras da Alén (Orosia e Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos) e do diploma de MESTRE DA MEMORIA a Serafín Mourelle Bugallo, da Coruña.
Ademais das persoas homenaxeados, intervirán no acto:
- Xosé Iglesias, mariñeiro e poeta
- Isidro Novo, escritor
- Poldo Cañizo, escritor
- Mercedes Queixas Zas, secretaria xeral da AELG
- Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG
A música corre a cargo de Branca Villares e Ricardo Marcos Casás Salgado.
Presentación: Antonio Reigosa
Mestras da Memoria 2017: Pandereteiras Da Alén
Do lugar da Alén, Xirarga, Beariz, Ourense.
Orosia Gil Ramos (95 anos) Alsira Gil Ramos (90 anos) e Ólida Diz Ramos (96 anos).
“Presenza viva da poesía e música, tesouro en vida onde repousan xotas, muiñeiras, pasodobres, cantares de reis, aturuxos e a sabedoría e a sensibilidade popular feita poema musicado.” (Poldo Cañizo)
Mestre da Memoria 2017: Serafín Mourelle Bugallo
Mariñeiro e poeta. 84 anos. Nacido en Corme. Residente na cidade da Coruña.
“Aos catorce anos embarcou de axudante de cociña e chegou a converterse nun famoso patrón do Gran Sol. Nos anos sesenta foi un dos descubridores dos vizosos caladoiros de Porcupine, o volcán submarino situado ao oeste de Irlanda. Tamén é poeta ao xeito de Manuel Antonio; isto é, poesía do mar escrita pola propia xente do mar.“ (Xurxo Souto)
A AELG pretende facer máis visíbel ante a sociedade a Literatura de Tradición Oral levando a Lugo a súa Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria que, co lema «Lugo, Capital Galega da Literatura de Tradición Oral», terá lugar o 27 de maio no Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo, na Avenida Alcalde Anxo López Pérez, 34 (como chegar).
O obxectivo principal da Gala é a entrega dos V Premios Mestras e Mestres da Memoria, que se conceden a informantes de literatura popular, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional. A proposta da Sección de Literatura de Tradición Oral, coordinada por Antonio Reigosa, a asemblea xeral de Socios-as da AELG acordou outorgárllelos ás Pandeireteiras da Alén (Orosia e Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos) e a Serafín Mourelle Bugallo.
O principal valor dunha sociedade constitúeno as persoas, os tesouros humanos vivos, homes e mulleres que estiveron atentos para recibir dos seus predecesores a herdanza cultural, que logo reciclan e recrean, e que adaptan e actualizan con xenerosidade para, por fin, transmitir todos eses saberes herdados aos que veñen detrás.
Nesta cadea de comunicación a cultura popular mantense viva porque se actualiza sen renunciar ás esencias que a distinguen, que a fan ao tempo singular e universal.
Desde a Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) queremos contribuír a manter sempre aberta esa canle de comunicación entre os que por idade e, como consecuencia, por acumulación de experiencias e saberes, gardan a memoria deses esencias da nosa cultura e os que, pola contra, andan aínda descubrindo o mundo que os rodea.
Pódese consultar aquí a listaxe de persoas que xa foron nomeadas Mestras-es da Memoria pola Sección de Literatura de Tradición Oral, á que o vindeiro sábado se engadiran as Pandeireteiras da Alén e Serafín Mourelle.
Fonte: AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega)