por martinho | Abr 24, 2024 | Autores/as, Creación, Novas, Outras Artes, Xeral
O sábado 27 de abril ás 17 h. celebrarase unha charla en Monterroso sobre a fábrica de celulosa de Altri co titulo A Ulloa non é unha terra de sacrificio, na que intervirán Plácido Lisancos (profesor da Escola de Aquitectura de A Coruña) e Serafín González Prieto (Presidente da SGHN).
E o xoves 9 de maio ás 20,30 h. haberá a ocasión de escoitar ao naturalista e escritor Joaquín Araujo na Casa de Cultura de Melide.
por martinho | Oct 24, 2023 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Outras Artes, Xeral
O sábado 28 de outubro ás 20 h., no centro sociocultural de Monterroso, poderá se desfrutar do espectáculo audiovisual “Na Casa Deles”, un concerto de cuarteto vocal acompañado por piano e proxeccións, baseado en poemas dos poetas lucenses Uxío Novoneyra, Darío Xoán Cabana, Manuel María, Luis Pimentel, Álvaro Cunqueiro e o monterrosino Lorenzo Varela.
Trátase dunha cita cultural imprescindible na que se funden creación musical, recursos audiovisuais e o máis representativo da nosa poesía, con Lorenzo Varela como achega ullá.
por martinho | Ene 9, 2023 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
O Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) organiza a primeira presentación do nº 6 da Revista CAIRÓN que se celebrará en Monterroso o sábado 14 de xaneiro ás 19,00 h, no salón de actos do Centro Sociocultural, coas intervencións da alcaldesa de Monterroso, Rocío Seijas; do director de Cairón, Daniel Salgado; do xornalista Fernando Salgado; do director do IEU, Francisco Pardo, e do poeta Arturo L.Regueiro.
Están previstas outras presentacións en Palas de Rei (sábado 21 de xaneiro ás 12,30 h) e Antas de Ulla (21 xaneiro ás 18 h).