CAXOTO presenta ‘Grandes Éxitos’ na Casa-Museo Manuel María, este sábado 9 de marzo
ESPECTÁCULO DE NARRACIÓN ORAL E MUSICAL PARA CRIANZAS ENTRE 4 E 10 ANOS, ESTE SÁBADO, DÍA 9, ÁS 17 HORAS, CON CAXOTO E OS SEUS GRANDES ÉXITOS
Neste ano 2024 Caxoto fai 20 anos enriba dos escenarios contando contos. En todo este tempo o conto foi o principal ingrediente do seu traballo… mais non o único! Se os contos foron o sal, a música foi a pementa.
A través das cantigas tradicionais, dos xogos musicados, dos instrumentos peculiares,… , Caxoto foi xuntando todo un amplo repertorio musical que vai desde o jazz chairego de Manuel María, á bossa nova mariñeira, pasando pola nosa rica tradición musical e as cantigas infantís de toda a vida. E todo co mellor acompañamento musical posíbel: gaita, pandeireta, ukelele, whistle, acordeón, birimbao, xilófono,…
Para celebrar na Casa-Museo Manuel María as dúas décadas vivindo do conto, Caxoto fai unha selección de todas estas cancións, contos e xogos neste “Grandes éxitos 2004-2024”.
Para asistir ao espectáculo é necesario reservar (billete 2 euros) no enderezo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621