Presentación do libro DE ENTRE AS TEBRAS, de Álex Pernas, na Casa da Cultura de Vilalba

O venres 3 de maio ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos organiza a presentación do libro De entre as tebras, do coruñés Alex Pernas, un libro de relatos no que, camiñando da man dos seres e lugares da mitoloxía galega, amosa o máis escuro da condición humana nuns textos nos que nada é o que semella. Intervirán o propio autor, Alex Pernas, e Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. 

NOTA-INFORMATIVA-DE-ENTRE-AS-TEBRAS

Conferencia “Os filmes de Agustín”, de de Martin Pawley, na Casa da Cultura de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos organiza a charla “OS FILMES DE AGUSTÍN”, impartida por MARTIN PAWLEY, crítico, programador, produtor de cine e divulgador científico, sobre a paixón polo cinema de Agustín Fernández Paz.

O acto terá lugar o martes 23 de abril de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha. 

(ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO).

NOTA-INFORMATIVA-MARTIN-PAWLEY

Presentación da obra O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA, de Carlos Callón, na Casa da Cultura de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos, continuando coa súa programación, organiza a acto de presentación de O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA”, de CARLOS CALLÓN (Doutor en Estudos Linguísticos e Literarios do Galego e do Portugués). 

O acto terá lugar o xoves 4 de abril de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha. (ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO)

NOTA-INFORMATIVA-libro-CARLOS-CALLON

Presentación da novela BRANCO XIZ TIRANDO A NEGRO, de Xosé Manuel Felpeto Carballeira, na Casa da Cultura de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos, continuando coa súa programación, organiza a acto de presentación da novela BRANCO XIZ TIRANDO A NEGRO, de XOSÉ MANUEL FELPETO CARBALLEIRAactor e escritor. O acto terá lugar o venres 22 de marzo de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha. 

NOTA-INFORMATIVA-libro-XM-FELPETO

Conferencia TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR: MARÍA BALTEIRA, MARÍA CASTAÑA E MARÍA SOLIÑA, de Guillermina Domínguez, na Casa da Cultura de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos organiza, o venres 15  de marzo de 2024, ás  20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, unha conferencia impartida por GUILLERMINA DOMÍNGUEZ sobre “TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR; MARÍA BALTEIRA, MARÍA CASTAÑA E MARÍA SOLIÑA”, e será presentada por MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA.

A confrencia de Guillermina Domínguez ten como precedente o libro “Tres mulleres galegas de armas tomar’. María Balteira, María Castaña e María Soliña” escrito pola propia Guillermina Domínguez Touriño e por Felicia Estévez Salazar e publicado no ano 2009 por Baía Edicións

NOTA-INFORMATIVA-TRES-MULLERES-GALEGAS-DE-ARMAS-TOMAR