Exposición de pintura de Carmen Gómez Mato e Manolo Santalla na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a EXPOSICIÓN DE PINTURA DE CARMEN GÓMEZ MATO E MANOLO SANTALLA. O acto de inauguración da mesma terá lugar o VENRES 25 DE AGOSTO DE 2023, ÁS 20:00 HORAS, NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. Permanecerá aberta ao público, no horario estipulado para o Auditorio, dende o 25 de agosto ata o 30 de setembro do presente ano.
NOTA_INFORMATIVA_EXPOSICION-PINTURA