CANDORKA TRÍO en concerto na Casa-Museo Manuel María

ESTE SÁBADO, CONCERTO DE CANDORKA TRÍO NA CASA-MUSEO MANUEL MARÍA

CANDORKA TRÍO é un proxecto que toma como eixo definitorio a música de raíz e a vontade de a expresar desde a experimentación e o inconformismo.

Unha proposta contemporánea que abranxe do son mais enérxico até o intimista e que aposta pola modernidade sen renunciar às melodías que ainda conservan a capacidade para nos definir nun mundo cada vez máis global.

FONSAGRADA é o seu primeiro traballo, froito da complementariedade e das inquedanzas de tres músicos que souberon conxugar o repertorio gaitístico e vogal da comarca da Fonsagrada con sonoridades que proceden do jazz europeo, o rock ou a vertente clásica. 

O concerto está programado para as 19 horas, deste sábado, día 14 de novembro. O billete ten un prezo de 5 euros e cómpre reservar previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621