Foz acolle a última función da xira de inverno da ópera electrónica ‘Papagena’ coincidindo co 25N
Papagena, inspirada nas persoas-paxaro d’A frauta máxica de Mozart, é un espectáculo con perspectiva de xénero que narra a historia dunha parella engaiolada nunha relación tóxica
Papagena pretende rachar tamén cos clixés asociados ao mundo da lírica: a lingua, os espazos de representación, o público ou o formato
A función do venres na Casa da Cultura de Foz vai ser a única oportunidade de ver na provincia de Lugo esta ópera electrónica en galego
Papagena, á última creación da compañía ButacaZero, dirixida por Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas, vai pechar a súa xira de inverno en Foz este venres 25 de novembro, coincidindo co Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Logo de itinerar por unha ducia de vilas galegas ao longo deste trimestre, Papagena vai brindar a súa única función na provincia de Lugo este 25N na Casa da Cultura de Foz. O espectáculo comezará ás 20.30 horas e terá entrada gratuíta ata completar o aforo.
Esta ópera electrónica en galego con perspectiva de xénero narra a historia dunha parella engaiolada nunha relación tóxica que está inspirada na persoas-paxaro da célebre A frauta máxica de Mozart. O elenco está formado pola soprano Esperanza Mara e o barítono Jacobo Rubianes que actúan acompañados no escenario por Iago Hermo, compositor da ópera e do libreto e tamén director musical da peza.
A peza, na que Castiñeira e Carrodeguas asumen por primeira vez a dirección escénica dunha ópera, nace da vontade de afondar nos clixés de xénero presentes no eido da creación operística, mais tamén pretende rachar con outras percepcións habitualmente asociadas ao mundo da lírica: a lingua, os espazos de representación, o público destinatario ou mesmo o formato. Para conseguilo, Iago Hermo deseñou unha ópera electrónica, baseada nas súas investigacións arredor do espectralismo minimalista. O resultado, coa colaboración de Ana Arteaga na escenografía e de Diego Valeiras no vestiario, é un espectáculo musicalmente inmersivo e visualmente contemporáneo que está a levar a ópera a vilas onde non adoita chegar este estilo musical.
Concibido para público adulto e adolescente, a trama de Papagena expón unha relación marcada polos celos e o control e narra o proceso que leva ao personaxe interpretado por Esperanza Mara a se liberar da súa cárcere vital. Un dos maiores avances político-social dos últimos tempos, a loita contra o sexismo, é a base para analizar e reescribir a Papagena mozartiana e darlle as ás que lle permitan voar e escapar da gaiola. Hai tamén na ópera de ButacaZero unha mensaxe clara que nas redes sociais da compañía condénsase no cancelo #nonsexaspapageno.
APOSTA POLA CREACIÓN EMERXENTE E O TERRITORIO
Con esta nova produción, unha ópera galega e en galego, ButacaZero mantén a súa aposta polo risco escénico, pola creación emerxente a través da colaboración con artistas de Galicia e pola creación vinculada á temática social e cunha fonda implicación no territorio. Neste sentido, un dos principais obxectivos da compañía viguesa é construír país arredor da cultura. Para iso, adaptouse a ópera contemporánea á realidade social galega, levándoa, ao longo deste trimestre, a espazos non convencionais para a súa representación. Ademais, a entrada foi de balde en case todas as funcións para favorecer, deste xeito, o achegamento á ópera tanto do público adolescente coma adulto.
Coincidindo co centenario do nacemento de Manuel Fraga, ButacaZero comparte co público o arranque do proceso de creación do seu novo espectáculo IRIBARNE
Iribarne é o título da nova peza de teatro político que Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira están a preparar con estrea prevista no 2023
Esta semana, no Teatro Principal de Santiago, terán lugar tres xornadas de traballo creativo e improvisación teatral os días 22, 23 e 24 de novembro
A iniciativa está enmarcada dentro do proxecto ‘Cruces’ de Camino Escena Norte, grazas ao cal a compañía galega acollerá á compañía vasca Hika Teatroa, cuxa directora, Agurtzane Intxaurraga, aportará a súa experiencia escénica ao proxecto ampliando as ferramentas dos creadores galegos
O martes 22 e o mércores 23, coincidindo co centenario do nacemento do político galego, as portas do teatro estarán abertas a aquelas persoas interesadas en coñecer o proceso de creación ou aportar o seu gran de area
A cita será ás 17h, as prazas son limitadas e é preciso inscribirse no e-mail iribarne@butacazero.net
ButacaZero arranca esta semana unha nova fase dentro da creación da súa nova proposta escénica, Iribarne, unha peza de teatro político que a compañía dirixida por Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira estreará no 2023.
Iribarne, que está en proceso de creación na actualidade, afondará na figura de Fraga Iribarne tentando comprender o seu impacto no noso presente e tamén na nosa identidade.
Os días 22, 23 e 24 de novembro, con motivo do centenario do nacemento do popularísimo político, ButacaZero deseñará tres xornadas de creación con cinco intérpretes en escena e a colaboración da directora Agurtzane Intxaurraga, da compañía vasca Hika Teatroa. A cita será no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
O intercambio terá lugar grazas ao programa ‘Cruces’, de Camino Escena Norte, que ten por obxectivo favorecer que compañías de diferentes comunidades autónomas do norte de España poidan coñecerse creativamente e trazar lazos de unión.
O público está tamén convidado a formar parte deste proceso. O martes 22 e o mércores 23 de novembro (día do centenario do nacemento de Manuel Fraga) as portas do Teatro Principal de Santiago de Compostela estarán abertas para que cincuenta persoas poidan coñecer o proceso de creación e participar del. As persoas interesadas poden apuntarse no correo iribarne@butacazero.net, indicando cal dos dous días queren participar. A selección establecerase por rigorosa orde de chegada.
Así mesmo, ButacaZero convida ás persoas que o desexen a enviar informacións que consideren relevantes para o proxecto, dende anécdotas persoais a noticias, imaxes, vídeos ou anacos de xornais. A canle para facelo é o mesmo correo electrónico: iribarne@butacazero.net.
SOBRE O PROXECTO ESCÉNICO
Iribarne non será un biopic sobre a vida de Manuel Fraga Iribarne. O espectáculo parte dunha investigación sobre a súa vida e o seu percorrido político para chegar a entender non só a figura do político, senón, principalmente, a afectación que tivo -e segue a ter- nas nosas vidas. A obra está prevista cunha enerxía desbordante, un espírito irreverente e moita ironía -marca da compañía-, con referentes como Ubú rey, de Alfred Harry, ou La imaginación del futuro, do colectivo teatral chileno La Re-sentida.
Iribarne nace da necesidade de descubrir que implicacións ten no noso presente un dos políticos máis populares e interesantes da nosa pre-Transición. A piques de celebrar o centenario do seu nacemento, Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira queren facer balance dunha personalidade “particularísima e popularísima” que, en palabras do tándem artístico, “puido ter sucedido a outro galego, Francisco Franco, pero tivo que se conformar con ser o ‘grandísimo presidente dos e das galegas’. Porén, temos a impresión de que polo camiño deseñou non só o que agora é Galicia, senón mesmo o que é España: esa España do turismo, a do destape a dos paradores… Ou o mesmísimo PP”.
No seu anhelo de achegarse ao público dun xeito diferente, ButacaZero porá en pé con Iribarne un proxecto de investigación teatral compartido co público para tratar de interpretar a unha das personaxes referentes da política galega e española, que serán compartidas a través das redes sociais da compañía, convidando ao público a participar no proceso de creación colectiva do espectáculo. Nos vindeiros meses terán lugar numerosos eventos, entre eles entrevistas e novas sesións creativas multidisciplinares ou de improvisacións dramatúrxicas das cales nacerá, ao final do proceso, a peza teatral que se estreará no 2023.
SOBRE A COMPAÑÍA
ButacaZero é a plataforma creativa posta en marcha por Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira. Con propostas como Voaxa e Carmín, #camiños, Despois das ondas ou 32m2, o tándem sitúase como referente do teatro contemporáneo no panorama escénico galego, grazas á súa capacidade á hora de dialogar co mundo actual. A investigación e a reflexión desde unha mirada crítica e irónica son as claves que definen as súas creacións, que se concretan en dramaturxias feitas a medida, nas que a tradición teatral se mestura coas linguaxes contemporáneas.
Celanova acolle este domingo ‘Papagena’, a ópera electrónica en galego dirixida por ButacaZero
· A soprano Esperanza Mara e o barítono Jacobo Rubianes Castelo encarnan unha parella engaiolada nunha relación tóxica inspirada nas personaxes da obra de Mozart
· A ópera, do compositor Iago Hermo, será no Auditorio Municipal Ilduara Celanova (AMIC) e comezará ás 18.30 h con entrada libre ata completar aforo
· Papagena íase representar o pasado 1 de outubro pero a función tivo que ser cancelada por motivos de saúde
O Auditorio Municipal Ilduara Celanova (AMIC) vai recibir ese domingo, 6 de novembro, ás 18.30 h, a función de Papagena que tivo que ser cancelada o pasado outubro por motivos de saúde. Esta creación da compañía ButacaZero, dirixida por Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas, é unha ópera electrónica contemporánea de pequeno formato en galego, con perspectiva de xénero, que narra a historia dunha parella engaiolada nunha relación tóxica.
O espectáculo, con entrada libre ata completar aforo, conta coa presenza da soprano Esperanza Mara e do barítono Jacobo Rubianes que actúan acompañados no escenario por Iago Hermo, compositor da ópera e do libreto e tamén director musical da peza.
Papagena é unha ópera electrónica inspirada na parella de persoas-paxaro da célebre A frauta máxica, de Wolfgang Amadeus Mozart. A peza, na que Castiñeira e Carrodeguas asumen por primeira vez a dirección escénica dunha ópera, nace da vontade de afondar nos clixés de xénero presentes no eido da creación operística, mais tamén pretende rachar con outras percepcións habitualmente asociadas ao mundo da lírica: a lingua, os espazos de representación, o público destinatario ou mesmo o formato. Para conseguilo, Iago Hermo deseñou unha ópera electrónica, baseada nas súas investigacións arredor do espectralismo minimalista. O resultado, coa colaboración de Ana Arteaga na escenografía e de Diego Valeiras no vestiario, é un espectáculo musicalmente inmersivo e visualmente contemporáneo que levará a ópera a vilas onde non adoita chegar este estilo musical.
Papagena chega a Celanova logo do seu paso por Rianxo, Pontevedra, Fisterra, O Grove, Caldas de Reis, Narón, Tui e Oleiros e ten programada unha intensa xira por outras nove localidades galegas nos vindeiros meses, cunha función cada fin de semana. Así, as seguintes citas van ser en Gondomar (5 de novembro), Muros (12 de novembro), Boiro (18 de novembro), Bueu (19 de novembro) e Foz (25 de novembro). Na meirande parte das vilas o público poderá gozar desta experiencia única e inmersiva de xeito totalmente gratuíto. Todas as datas, horarios e sistema de acceso ás funcións de Papagena está dispoñible na páxina web da compañía, butacazero.net.
APOSTA POLA CREACIÓN EMERXENTE E O TERRITORIO
Con esta nova produción, unha ópera galega e en galego, ButacaZero mantén a súa aposta polo risco escénico, pola creación emerxente a través da colaboración con artistas de Galicia e pola creación vinculada á temática social e cunha fonda implicación no territorio. Neste sentido, un dos principais obxectivos da compañía viguesa é construír país arredor da cultura. Para iso, adaptarán a ópera contemporánea á realidade social galega, levándoa, ao longo do vindeiro trimestre, a espazos non convencionais para a súa representación. A entrada será de balde en case todas as funcións para favorecer, deste xeito, o achegamento á ópera tanto do público adolescente coma adulto.
‘Papagena’, a ópera electrónica en galego dirixida por ButacaZero, chega a Tui este venres 21 de outubro
Sobre o escenario estarán a soprano Esperanza Mara e o barítono cambadés Jacobo Rubianes que actúan acompañados no escenario polo director musical da peza, Iago Hermo, compositor ademais da música e do libreto
A ópera será no Teatro Municipal de Tui ás 21.30 h e a entrada gratuítapódese reservar na web tui.gal
Papagena, á última creación da compañía ButacaZero, dirixida por Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas, vaise representar este venres 21 de outubro, ás 21.30 h, no Teatro Municipal de Tui. Trátase dunha ópera electrónica contemporánea de pequeno formato en galego, con perspectiva de xénero, que narra a historia dunha parella engaiolada nunha relación tóxica. O elenco está formado pola soprano Esperanza Mara e o barítono cambadés Jacobo Rubianes que actúan acompañados no escenario por Iago Hermo, compositor da ópera e do libreto e tamén director musical da peza.
O espectáculo é gratuíto pero cómpre reservar a entrada na web tui.gal. Esta función enmárcase no programa ‘Con-fiando Cultura’ da Deputación de Pontevedra que tamén levará proximamente Papagena ata Gondomar (5 de novembro) e Bueu (19 de novembro).
Papagena é unha ópera electrónica inspirada na parella de persoas-paxaro da célebre A frauta máxica, de Wolfgang Amadeus Mozart. A peza, na que Castiñeira e Carrodeguas asumen por primeira vez a dirección escénica dunha ópera, nace da vontade de afondar nos clixés de xénero presentes no eido da creación operística, mais tamén pretende rachar con outras percepcións habitualmente asociadas ao mundo da lírica: a lingua, os espazos de representación, o público destinatario ou mesmo o formato. Para conseguilo, Iago Hermo deseñou unha ópera electrónica, baseada nas súas investigacións arredor do espectralismo minimalista. O resultado, coa colaboración de Ana Arteaga na escenografía e de Diego Valeiras no vestiario, é un espectáculo musicalmente inmersivo e visualmente contemporáneo que levará a ópera a vilas onde non adoita chegar este estilo musical.
Así, alén de Pontevedra, a xira de Papagena tamén ten previstas funcións en Oleiros (29 de outubro), Celanova (6 de novembro), Muros (12 de novembro), Boiro (18 de novembro) e Foz (25 de novembro). Na meirande parte das vilas o público poderá gozar desta experiencia única e inmersiva de xeito totalmente gratuíto. Todas as datas, horarios e sistema de acceso ás funcións de Papagena está dispoñible na páxina web da compañía, butacazero.net.
APOSTA POLA CREACIÓN EMERXENTE E O TERRITORIO
Con esta nova produción, unha ópera galega e en galego, ButacaZero mantén a súa aposta polo risco escénico, pola creación emerxente a través da colaboración con artistas de Galicia e pola creación vinculada á temática social e cunha fonda implicación no territorio. Neste sentido, un dos principais obxectivos da compañía viguesa é construír país arredor da cultura. Para iso, adaptarán a ópera contemporánea á realidade social galega, levándoa, ao longo do vindeiro trimestre, a espazos non convencionais para a súa representación. A entrada será de balde en todas as funcións para favorecer, deste xeito, o achegamento á ópera tanto do público adolescente coma adulto.
Narón acolle este sábado a única función en Ferrolterra de ‘Papagena’, a ópera electrónica en galego dirixida por ButacaZero
Sobre o escenario estarán a soprano Esperanza Mara e o barítono Jacobo Rubianes que actúan acompañados polo director musical da peza, Iago Hermo, compositor ademais da música e do libreto
A ópera comezará ás 19 h na Sociedade Cultural e Recreativa ‘A Pombiña’, na parroquia de Pedroso, e a entrada será libre ata completar o aforo
Papagena, á última creación da compañía ButacaZero, dirixida por Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas, vaise representar este sábado 15 de outubro, ás 19.00 h, na Sociedade Cultural e Recreativa ‘A Pombiña’, na parroquia de Pedroso de Narón. O espectáculo é gratuíto e ten entrada libre ata completar o aforo. A actividade está coorganizada polos servizos de normalización lingüística do Concello de Narón e da Deputación da Coruña.
Trátase dunha ópera electrónica contemporánea de pequeno formato en galego, con perspectiva de xénero, que narra a historia dunha parella engaiolada nunha relación tóxica. O elenco está formado pola soprano Esperanza Mara e o barítono Jacobo Rubianes que actúan acompañados no escenario por Iago Hermo, compositor da ópera e do libreto e tamén director musical da peza.
Papagena é unha ópera electrónica inspirada na parella de persoas-paxaro da célebre A frauta máxica, de Mozart. A peza, na que Castiñeira e Carrodeguas asumen por primeira vez a dirección escénica dunha ópera, nace da vontade de afondar nos clixés de xénero presentes no eido da creación operística, mais tamén pretende rachar con outras percepcións habitualmente asociadas ao mundo da lírica: a lingua, os espazos de representación, o público destinatario ou mesmo o formato, o vestiario ou a escenografía, que non contará con elementos analóxicos e se baseará no espectralismo minimalista. O resultado, coa colaboración de Ana Arteaga na escenografía e de Diego Valeiras no vestiario, é un espectáculo musicalmente inmersivo e visualmente contemporáneo que levará a ópera a vilas onde non adoita chegar este estilo musical.
Logo de seu paso por Narón, Papagena proseguirá a súa xira por outras localidades galegas nos vindeiros meses, cunha función cada fin de semana. Así, as seguintes citas van ser Tui (21 de outubro), Oleiros (29 de outubro), Gondomar (5 de novembro), Celanova (6 de novembro), Muros (12 de novembro), Boiro (18 de novembro), Bueu (19 de novembro) e Foz (25 de novembro). Na meirande parte das vilas o público poderá gozar desta experiencia única e inmersiva de xeito totalmente gratuíto. Todas as datas, horarios e sistema de acceso ás funcións de Papagena está dispoñible na páxina web da compañía, butacazero.net.
APOSTA POLA CREACIÓN EMERXENTE E O TERRITORIO
Con esta nova produción, unha ópera galega e en galego, ButacaZero mantén a súa aposta polo risco escénico, pola creación emerxente a través da colaboración con artistas de Galicia e pola creación vinculada á temática social e cunha fonda implicación no territorio. Neste sentido, un dos principais obxectivos da compañía viguesa é construír país arredor da cultura. Para iso, adaptarán a ópera contemporánea á realidade social galega, levándoa, ao longo do vindeiro trimestre, a espazos non convencionais para a súa representación. A entrada será de balde en todas as funcións para favorecer, deste xeito, o achegamento á ópera tanto do público adolescente coma adulto.