Actos da Cultura Chairega-Homenaxe a Manuel María no XX Cabodano

Coma todos os anos por estas datas, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza os ACTOS DA CULTURA CHAIREGA, en homenaxe a MANUEL MARÍA, coincidindo neste 2024 co seu XX CABODANO.

PROGRAMA

·       DOMINGO 8 DE SETEMBRO – ÁS 13:30 HORAS

NO ESPAZO MANUEL MARÍA (Entrada de balde).

Terá lugar unha ofrenda floral ao pé da súa escultura, así como un recital poético popular, aberto a toda a xente que queira participar con poesías, cancións ou calquera outro texto relacionado co gran poeta chairego.

·       SÁBADO 14 DE SETEMBRO – ÁS 20:00 HORAS

NO AUDITORIO MUNICIPAL (Entrada de balde. Haberá que facer a correspondente reserva ben na páxina web do Concello, ben na Casa da Cultura de Vilalba).

Terá lugar lugar o concerto de BRANCA VILLARES.

NOTA_INFORMATIVA_CULTURA-CHAIREGA24

Castiñeiro Milenario celebra os Maios e a Foliada de Primavera

O sábado un de xuño, no local do pobo da Asociación Veciñal do Castro en Begonte e a partir das seis e media da tarde daremos comezo ao maio de Castiñeiro Milenario. A actividade comezará cun paseo para apañar flores, fentos e xestas para facer un maio bonito e xeitoso. Dirixidos pola nosa querida meiga da Primavera, Branca Villares, faremos un maio e cantaremos unhas pezas ao redor del, nenos, nenas e maiores todas xuntas para dar a benvida á primavera e dicir adeus, por fin, a este eterno e gris inverno.

Despois haberá uns petiscos para empezar unha nova edición da Foliada de Primavera. A partir das nove e media, comezará a festa coa foliada que contará coa presenza dos grupos, Proxecto Consoante, Treitoira e Mestura de Nete, despois foliada aberta ata que o corpo aguante. Trae o teu instrumento e anímate a facer a festa da primavera de Begonte.

Queremos agradecer, como sempre, a Branca Villares, a súa total entrega nesta historia, os maios sen ela non serían o mesmo e, por suposto, á Asociación Veciñal do Castro por cedernos o local para facer esta gran festa da primavera.

AC Castiñeiro Milenario
Campo de Arriba, 25. Saavedra 27375 Begonte
http://castinheiromilenario.wordpress.com
https://gl-es.facebook.com/castineiro.milenario
https://twitter.com/CastinheiroMile
https://www.flickr.com/photos/castinheiromilenario/
http://festival27373.wordpress.com/

Foliada de Primavera, os maios de Castiñeiro Milenario

Castiñeiro Milenario presenta unha nova edición dos maios. O vindeiro 6 de maio a partir das seis e media da tarde comezará a actividade encamiñada a facer un maio e cantar ao redor del, para espantar o inverno e darlle benvida á primavera. Branca Villares será a mestra cerimonias. Esta actividade está dirixida, principalmente a un público familiar, todas as nenas e nenos serán benvidos.

Pola noitiña, despois duns petiscos darase paso á foliada libre. Convidan a que as persoas asistentes leven o seu instrumento musical para que axude a facer festa ata que o corpo aguante.

Palestra-concerto didáctico con Branca Villares e Pablo Pintor, o sábado, 13 de marzo, na Casa-Museo Manuel María

Este sábado, día 13, ás 19 hrs, na Casa-Museo Manuel María teremos unha Palestra-concerto didáctico de Troupelear, dúo conformado por Branca Villares e Pablo Pintor, so o título O pouso da violencia contra as mulleres no cancioneiro tradicional e popular galego.

A actividade é froito dun traballo de investigación e discusión do cancioneiro popular galego que Branca Villares desenvolveu co seu alumnado de canto nas súas aulas nos últimos tres anos. O traballo centrouse en detectar aspectos que poden supor apoloxía á violencia contra as mulleres e que, dalgún xeito, contribúen a perpetuala e normalizala, non censurando senón contextualizando e reformulando o seu uso. O repertorio co que traballa Branca son sobre todo recollas da montaña luguesa compiladas por ela e por outras persoas,ou as realizadas por Mini e Mero como as de Florencio, o cego dos Vilares.

Branca Villares é música e mestra de música tradicional en diferentes lugares da provincia de Lugo (Tradescola, Escolas Municipais de Rábade, Begonte, Outeiro, Escola OXeitO, e outras entidades culturais). Capitanea un proceso colectivo de reflexión, que xa vai polo seu cuarto ano de vida, en que promove a discusión entre as súas alumnas e alumnos. Parte da súa investigación foi publicada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega este mesmo ano.

Pablo Pintor é mestre de gaita na montaña luguesa e, alén de formar Troupelear xunto con Branca Villares, participa do proxecto musical Airiños da Freba. Ten sido parte de Tiruleque, GS21, Xacarandaina…

A actividade é de acceso libre, mais é imprenscidíbel inscribirse previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621, xa que o aforo está limitado para o cumprimento das medidas sanitarias.