A banda máis emblemática do hip hop do país actuará no Playa Club a partir das 22:00 horas, nunha cita que contará coa colaboración de Boyanka Kostava e cuxas entradas están dispoñibles en www.enterticket.es
Dios Ke Te Crew, a banda máis emblemática do hip hop galego, actuará hoxe, sábado 18 de marzo, na Coruña. A cita. que comezará ás 22:00 horas, enmárcase na nova xira do grupo, nomeada Tremendos Anos 20, coa que o grupo celebra o seu vixésimo aniversario sobre os escenarios revisando os grandes éxitos da súa traxectoria e presentando as súas últimas creacións. O Playa Club acollerá o segundo directo da xira, nunha actuación na que tamén estará presente Boyanka Kostova, o dúo de referencia do trap galego, formado por Sibran Yiyi e O Chicho do Funko (coñecido tamén polo seu proxecto musical Ortiga). As entradas están á venda na plataforma www.enterticket.es
Dios Ke Te Crew é historia do rap en galego. Desde a súa formación no 2003, a banda conformada por Mou, Sokram, Jamas e Dj Murdock destacou polo seu enxeño, habilidade narrativa e humor próximo á actualidade. Logo da publicación de tres LP e percorrer ducias de festivais e salas de concertos por toda Europa, DKTC publicou o pasado 2022 En que ano estamos?!, un EP con cinco temas nos que os seus membros demostran por que é considerada como a banda máis mítica do hip hop do país. Entre os novos tracks, acompañados por pezas audiovisuais de Xaime Miranda, destaca un dos himnos dos últimos tempos:OG (Orixinal Galego) con Boyanka Kostova.
Este mes de marzo DKTC regresa ás salas ca xira Tremendos Anos 20, na que presenta unha potente posta en escena audiovisual: as imaxes creadas polo artista de renome internacional e precursor do Gif Art, A.L. Crego, arroupan e interactúan co contido das cancións de DKTC, aumentando de maneira exponencial ás xa de por si enérxicas actuacións que caracterizan á banda.
CONVOCATORIA – DIOS KE TE CREW NA CORUÑA
Acto: concerto na Coruña da xira ‘Tremendos Anos 20’ Data: sábado 18 de marzo Hora: 22:00 horas (21:30 horas apertura de portas) Lugar: Playa Club (Andén de Riazor s/n)
A banda máis emblemática do hip hop do país actuará na sala Playa Club a partir das 22:00 horas e as entradas para a cita están dispoñibles en www.enterticket.es
Trátase do segundo directo dunha xira especial coa que Mou, Sokram, Jamase Dj Murdock celebran dúas décadas na escena musical
Dios Ke Te Crew, a banda máis emblemática do hip hop galego, actuará na Coruña o vindeiro sábado 18 de marzo no marco da nova xira do grupo, nomeada Tremendos Anos 20, coa que celebra o seu vixésimo aniversario sobre os escenarios revisando os grandes éxitos da súa traxectoria e presentando as súas últimas creacións. O Playa Club acollerá un directo no que a banda estará acompañada por Boyanka Kostova, o dúo de referencia do trap galego, formado por Sibran Yiyi e O Chico do Funko (coñecido tamén polo seu proxecto musical Ortiga). As entradas para a cita, que comezará ás 22:00 horas, están á venda na plataforma www.enterticket.es
Dios Ke Te Crew é historia do rap en galego. Desde a súa formación no 2003, a banda conformada por Mou, Sokram, Jamas e Dj Murdock destacou polo seu enxeño, habilidade narrativa e humor próximo á actualidade. Logo da publicación de tres LP e percorrer ducias de festivais e salas de concertos por toda Europa, DKTC publicou o pasado 2022 En que ano estamos?!, un EP con cinco temas nos que os seus membros demostran por que é considerada como a banda máis mítica do hip hop do país. Entre os novos tracks, acompañados por pezas audiovisuais de Xaime Miranda, destaca un dos himnos dos últimos tempos:OG (Orixinal Galego) con Boyanka Kostova.
Este mes de marzo DKTC regresa ás salas ca xira Tremendos Anos 20, na que presenta unha potente posta en escena audiovisual: as imaxes creadas polo artista de renome internacional e precursor do Gif Art, A.L. Crego, arroupan e interactúan co contido das cancións de DKTC, aumentando de maneira exponencial ás xa de por si enérxicas actuacións que caracterizan á banda.
CONVOCATORIA – DIOS KE TE CREW EN A CORUÑA
Acto: concerto na Coruña da xira ‘Tremendos Anos 20’
Data: sábado 18 de marzo
Hora: 22:00 horas (21:30 horas apertura de portas)
A banda máis emblemática do hip hop do país actuará na sala viguesa Masterclub e as entradas para a cita están dispoñibles a través do portal www.enterticket.es
O directo desta fin de semana é o punto de partida dunha xira especial coa que celebrarán dúas décadas na escena musical
Dios Ke Te Crew, a banda máis emblemática do hip hop galego, arrinca este venres 3 de marzo en Vigo a nova xira do grupo, nomeada “Tremendos Anos 20”, coa que celebrará o seu vixésimo aniversario sobre os escenarios revisando os grandes éxitos da súa traxectoria e presentando as súas últimas creacións. A sala viguesa Masterclub acollerá esta fin de semana o primeiro dos directos do grupo, que estará acompañado pola singjay (cantante e MC) viguesa High Paw e polo trapeiro Sibran Yiyi, membro de Boyanka Kostova. As entradas para a cita, que comezará ás 23.00 horas, xa están á venda na plataforma www.enterticket.es
Dios Ke Te Crew é historia do rap en galego. Desde a súa formación no 2003, a banda conformada por Mou, Sokram, Jamas e Dj Murdock destacou polo seu enxeño, habilidade narrativa e humor próximo á actualidade. Logo da publicación de tres LP e percorrer ducias de festivais e salas de concertos por toda Europa, DKTC publicou o pasado 2022 ‘En que ano estamos?!’, un EP con cinco temas nos que os seus membros demostran por que é considerada como a banda máis mítica do hip hop do país. Entre os novos tracks, acompañados por pezas audiovisuais de Xaime Miranda, destaca un dos himnos dos últimos tempos: ‘OG’, con Boyanka Kostova.
Este mes de marzo DKTC regresa ás salas ca xira ‘Tremendos Anos 20’, na que presenta unha potente posta en escena audiovisual: as imaxes creadas polo artista de renome internacional e precursor do Gif Art, A.L. Crego, arroupan e interactúan co contido das cancións de DKTC, aumentando de maneira exponencial ás xa de por si enérxicas actuacións que caracterizan á banda. Logo da súa visita viguesa, Dios Ke Te Crew visitará o Playa Club da Coruña o vindeiro sábado 18 de marzo.