Fallo do II Certame de Debuxo Infantil A TÚA CALDALOBA e do II Certame de Caligramas CONSTANZA DE CASTRO

O xurado do II Certame de Caligramas “Constanza de Castro” e do II Certame de Debuxo Infantil “A túa Caldaloba” vén de escoller a obras gañadoras en ditos certames:

II Certame de Caligramas “Constanza de Castro”:

1º Premio: “Galego é o baile, o baile Galego”, de Leire Álvarez Goris (Vilagarcía de Arousa. Pontevedra)

2º Premio: “Nós“, de Suso Díaz (Mérida, Badajoz)

II Certame de Debuxo Infantil “A túa Caldaloba”:

1º Premio: “Ao carón do lume”, de Aiala Díaz Castro (Pino, Cospeito)
2º Premio: “O mundo cando era Caldaloba”, de Duarte Mariño Torrado (Porto do Son, A Coruña)

Ámbolos certames foran convocados pola Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino, coa axuda de Caldaloba e Culturalia GZ, e a colaboración institucional da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo e do Concello de Cospeito.

A entrega de premios realizarase o sábado 22 de outubro, ao carón da Torre do Caldaloba, durante a celebración do II Magosto Cal da Loba.

Camiño Escena Norte 2022 – Habitación Peregrina PRO en Lugo

Segunda xornada do encontro profesional Habitación Peregrina PRO, iniciativa dirixida a compañías e axentes do sector escénico e que forma parte da programación expandida do proxecto Camiño Escena Norte 2022 (www.escenanorte.com). A Vicepresidenta da Deputación de Lugo e concelleira de Cultura e Turismo do municipio, Maite Ferreiro, asistiu esta xornada ao encontro. 

Habitación Peregrina PRO, que se está a celebrar desde onte e ata mañá no Centro Cultural O Vello Cárcere de Lugo, reúne medio cento de compañías e profesionais de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra coa intención de tecer redes e favorecer unha relación fluída entre as artes escénicas dos cinco territorios. 

Para máis información podedes visitar a Sala de prensa Camiño Escena Norte 2022.

Velaquí unha galería de imaxes de dito encontro

Ciclo CINE NA RÚA no Parque Rosalía de Castro de Vilalba

O IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a proxección da película O NOSO ÚLTIMO VERÁN EN ESCOCIA, dentro do CICLO CINE NA RÚA, convocado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que terá lugar o vindeiro mércores 24 de agosto, ás 21:30 horas, no Parque Rosalía De Castro de Vilalba.

NOTA_INFORMATIVA_O-NOSO-ULTIMO-VERAN-EN-ESCOCIA-copia