A programación conformada por cinco proxectos de vangarda liderados por mulleres conta co apoio do Concello de Vigo
As entradas están dispoñibles no web www.enterticket.es; e os billetes para as sesións do MARCO permitirán acceder, gratuitamente, aos concertos da Sala Radar nas noites do venres 19 (SIPHO.) e do 20 de maio (Ana Lua Caiano)
Vigo acollerá esta fin de semana unha nova edición do Sinsal Primavera. Angélica Salvi, Ece Canli, Superorganismus -proxecto musical de Tramontana e Luz González- e Ivankovà conforman o cartel das sesións que terán lugar os días 19 e 20 de maio no MARCO de Vigo. Como novidade, a programación extenderase a un dos principais recintos de música ao vivo da localidade, a Sala Radar, que acollerá o concerto da portuguesa Ana Lua Caiano na noite do sábado 20.
Impulsado pola promotora cultural viguesa Sinsalaudio, Sinsal Primavera propón visualizar propostas musicais singulares e únicas, vinculadas á experimentación e á creación contemporánea. O evento, que conta coa colaboración principal do Concello de Vigo, e co apoio do MARCO, do Instituto Camões e da Sala Radar, ofrecerá esta fin de semana unha programación conformada por cinco proxectos de vangarda liderados por seis bandas ou solistas chegadas de distintos puntos de España, Portugal, Suíza e Turquía.
As entradas do Sinsal Primavera están á venda na plataforma web www.enterticket.es. O prezo da entrada anticipada para cada xornada no MARCO é de 15 euros (agás no caso dos billetes para as e os menores de 10 anos, cuxo acceso será gratuíto). Todas as persoas que posúan entrada para algún dos concertos do MARCO, poderán asistir de forma gratuíta aos concertos da Sala Radar nas noites do venres 19 (SIPHO., 22:45h) e do sábado 20 (Ana Lua Caiano, 23:00h). As entradas para estes directos tamén están dispoñibles en Enterticket por 8 euros anticipada e 10 euros na billeteira.
ÚLTIMAS ENTRADAS PARA SINSAL SAN SIMÓN
Por outra banda, Sinsalaudio lembra que aínda é posible adquirir algunha das últimas entradas dispoñibles para poder asistir á nova edición do Festival Sinsal SON Estrella Galicia 2023, que se celebrará do 21 ao 23 de xullo na illa de San Simón (Redondela). Tanto os abonos como as entradas do sábado 22 e domingo 23 esgotáronse ás poucas horas da súa saída á venda -tanto desde o embarcadoiro de Vigo coma desde Meirande-.
Nos vindeiros días anunciarase a programación de actividades paralelas que terá lugar, de xeito gratuíto, durante a celebración do evento musical, e que inclúe tanto diferentes paseos para descubrir patrimonio natural e histórico da illa, coma outras iniciativas para afondar no coñecemento da cultura musical e de vangarda.
PROGRAMACIÓN SINSAL PRIMAVERA 2023
Venres 19 | MARCO de Vigo20:30 horas – Angélica Salvi 21:30 horas – Ece Canli
Sábado 20 | MARCO de Vigo 20:30 horas – Superorganismus 21:30 horas – Ivankovà
Sábado 20 | Sala Radar 23:00 horas – Ana Lua Caiano
* As persoas con entrada para os concertos de Sinsal Primavera no MARCO poderán acceder, de balde, aos directos da Sala Radar nas noites do venres 19 (SIPHO., 22:45h) e sábado 20 (Ana Lua Caiano, 23:00h).
Sinsal Primavera celebrarase o 19 e 20 de maio no MARCO e na Sala Radar de Vigo
Seis artistas e grupos de mulleres de España, Portugal, Suíza e Turquía conforman o cartel do evento, vinculado á creación contemporánea e á vangarda, e que conta co apoio do Concello de Vigo
Angélica Salvi, Ece Canli, Ivankovà e Superorganismus -proxecto creado por Tramontana e Luz González- actuarán no MARCO; mentres que Ana Lúa Caiano inaugurará o primeiro concerto do evento na Sala Radar
As entradas xa están dispoñibles no web www.enterticket.es; e as persoas con billete para as sesións do MARCO poderán acceder, de balde, ao concerto da sala Radar
O primeiro evento de Sinsalaudio deste ano en Vigo celebrarase no mes de maio:Sinsal Primaveraterá lugar na fin de semana do venres 19 e sábado 20. Oevento, que conta coa colaboración principal do Concello de Vigo, ademais do apoio do MARCO, do Instituto Camões e da Sala Radar, contará este ano cunha programación conformada por cinco proxectos de vangarda, de e liderados por mulleres, chegadas de distintos puntos da Península Ibérica, Suíza e Turquía.
Sinsal Primavera propón visualizar propostas singulares e únicas, vinculadas á experimentación e á creación contemporánea, de difícil clasificación e, por tanto, pouco habituais na programación dirixida ao público xeral. Así, Angélica Salvi, Ece Canli, Superorganismus -proxecto musical de Tramontana e Luz González-, Ivankovà e Ana Lúa Caiano conforman o cartel desta edición, que se celebrará os días 19 e 20 de maio no MARCO de Vigo. Como novidade, ademais, este ano a programación extenderase a unha das principais recintos de música ao vivo da cidade, a Sala Radar, que acollerá o concerto da portuguesa Ana Lúa Caiano na noite do sábado 20.
As entradas do Sinsal Primavera 2023están á venda, desde hoxe mesmo, na plataforma web www.enterticket.es e desde a páxina web https://festival.sins.al/gl. O prezo da entrada anticipada para cada xornada no MARCO é de 15 euros (agás no caso dos billetes para as e os menores de 10 anos, cuxo acceso será gratuíto). No caso das persoas que posúan unha entrada para os concertos do MARCO, poderán asistir de balde ao concerto da Sala Radar na noite do sábado 20 (as entradas para este directo tamén están dispoñibles en Enterticket por 8 euros anticipada e 10 euros na billeteira).
O Sinsal Primavera é a primeira cita do ano de Sinsalaudio, que suma á xa anunciada nova edición do Festival Sinsal SON Estrella Galicia, que se celebrará na illa de San Simón do 21 ao 23 de xullo. As entradas para o festival sairán á venda proximamente.
PROGRAMACIÓN SINSAL PRIMAVERA 2023
ANGÉLICA SALVIECE CANLIANA LÚA CAIANO
ANGÉLICA SALVI (España) | MARCO. Venres 19, 20:30 horas Angélica Salvi é unha arpista española que reside en Porto (Portugal) desde o 2011. Dedícase á improvisación dentro da música contemporánea e da electroacústica, explorando varias técnicas de preparación e amplificación do instrumento na procura de novos timbres e sonoridades. A arpista convida ao público a mergullarse nas súas vivencias emocionais e espirituais, empregando as mesmas para escribir o guión dun soño.
ECE CANLI (Turquía) | MARCO. Venres 19, 21:30 horas Ece Canli é artista, música e investigadora. Naceu en Turquia e reside en Porto (Portugal). Na súa práctica artística e vocal explora o estado liminal dos corpos agonizantes e demonizados, a desvinculación corporal e mental, e as expresións extralingüísticas por medio de técnicas vocais extendidas. Colaborou con varios artistas, músicos e coreógrafos a nivel internacional e creou bandas sonoras para performances ou exposicións.
SUPERORGANISMUS (Suiza) | MARCO. Sábado 20, 20:30 horas Tramontana e Luz González crean Superorganismus, unha peza electroacústica para flauta, viola, arpa e electrónica ao vivo. A proposta agroma coa intención de xerar música de forma cooperativa e horizontal. Aínda que as catro músicas sexan independentes, a electrónica de Luz González pode modificar o son de Tramontana, mais os instrumentos acústicos son a raíz sonora dun superorganismo que o público percibirá coma un todo.
IVANKOVÀ (España) | MARCO. Sábado 20, 21:30 horas Ivankovà é o proxecto en solitario da artista e compositora madrileña Irene de la Cueva. As súas creacións agroman a través de estruturas repetitivas que se converten en mantras deseñados para xerar atmósferas determinadas e convidar así ao público a transitar por paisaxes nas que os sintetizadores, a voz e os sons electrónicos xerados a partir da transformación de sons orgánicos son protagonistas.
ANA LÚA CAIANO (Portugal) | Sala Radar. Sábado, 23:00 horas. Cantante, compositora e artista multidisciplinar. Ana Lúa Caiano converte constantemente a experiencia en creatividade e explora a fusión do folclore portugués co música electrónica e sons cotiáns. Nos seus director, parte de bases sinxelas para construír marcos rítmicos usando beatbox, palmas, tambores e maracas, nas que superón texturas de teclado, sons ambientais e a propia súa voz.