Presentación do libro “As Minas de Guntín. Arqueoloxía industrial na Terra de Pallares”, de Jesús Otero, na Casa da Cultura de Guntín

O venres 15 de setembro terá lugar na Casa da Cultura de Guntín a presentación do libro do noso socio o historiador Jesús Otero Pereiras, As Minas de Guntín, arqueoloxía industrial na Terra de Pallares, excepcional traballo co que gañou o XV Certame de investigación Condado de Pallares.

O profesor Jesús Otero Pereiras ten unha excelente formación académica e é hoxe un dos máis destacados historiadores da nosa comarca (Ver os seus artigos de investigación en Cairón e nos monográficos do IEU http://ieu.gal/cairon-boletin-ieu/http://ieu.gal/libros/ ).

Por outra parte, mencionar a nova da concesión do galardón “Lucense do Ano 2023” á socia seoanesa Ana José Varela, directora financieira da OCDE, con residencia en París, que ven con moita frecuencia á Ulloa, onde asistíu a moitas  das actividades do IEU, especialmente ás excursións botánicas. (https://executivasdegalicia.org/portfolio/ana-jose-varela gonzalez/)