AELG. Roteiros Literarios pola provincia de Pontevedra 2022
Chega unha nova edición dos Roteiros Literarios pola provincia de Pontevedra 2022, unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Hai 25 prazas para cada un deles. As inscricións (máximo de 2 roteiros por persoa que se inscriba) poden realizarse no formulario dispoñíbel aquí.
Os roteiros son os seguintes:
– Vigo. 29 de maio. Ana Abad de Larriva. Roteiro polo Vigo teatral a través do tempo. De 11:30 a 13:00. Partida: Porta do Sol.
– A Estrada. 5 de xuño. Xoán Carlos Garrido Couceiro. Manuel García Barros, o escenario da súa pluma insubmisa. De 11:30 a 13:00. Partida: Casa do Concello.
– Bueu. 12 de xuño. Míriam Ferradáns. Darse en auga. Os versos do azul. De 11:30 a 13:00. Partida: Biblioteca Torrente Ballester.
– Pontevedra. 19 de xuño. Elena Gallego Abad. CITA na Pontevedra de tinta e pedra. De 11:30 a 13:00. Partida: Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA).
– Cuntis. 26 de xuño. Héitor Picallo: O Baño (Cuntis), unha vila de augas e de letras. De 11:30 a 13:00. Partida: Praza das Árbores.