por martinho | Jun 17, 2022 | Autores/as, Creación, Novas, Outras Artes, Xeral
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película documental WELCOME TO MA MAISON, de Andrés Goteira e Igor Fernández, continuando co CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2022 bríndanos a oportunidade de disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XX PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 25 de xuño de 2022, ás 20:00 horas.
NOTA_INFORMATIVA_WELCOME-TO-MA-MAISON
por martinho | Abr 8, 2022 | Autores/as, Creación, Novas, Outras Artes, Xeral
O sábado 16 de abril de 2022, ás 20:00, no Auditorio Municipal de Vilalba, terá lugar a proxección da película documental “A VIRXE ROXA”, de Marcos Nine, gañadora do Premio Mestre Mateo-2022 ao mellor documental.Esta é a segunda proxección das oito previstas correspondentes ás finalistas nos XX PREMIOS MESTRE MATEO, e que se irán proxectando ao longo do ano 2022, en senllos actos organizados polo Instituto de Estudos Chairegos colaborando nesta ocasión coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba.
Velaquí a nota informativa de dita proxección.
por martinho | May 24, 2021 | Autores/as, Creación, Novas, Xeral
O vindeiro sábado 29 de maio, ás 19:30 horas, celebrarase a proxección da película LÚA VERMELLA, de Lois Patiño, no Auditorio Municipal de Vilalba.
Velaquí a nota informativa.
por martinho | May 18, 2021 | Autores/as, Creación, Novas, Xeral
O vindeiro sábado 22 de maio de 2021, ás 19:30 horas, está prevista a proxección da película ARIMA, de Jaione Camborda, no Auditorio Municipal de Vilalba.
Velaquí a nota informativa.
por martinho | Abr 26, 2021 | Autores/as, Creación, Novas, Outras Artes, Xeral
O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, a Área de Cultura-Vicepresidencia da
Deputación de Lugo e o Concello de Vilalba, dá comezo este ciclo de cine coa proxección da película ONS, do director ALFONSO ZARAUZA, flamante gañadora do Mestre Mateo’2021, e que se levará a cabo no Auditorio Municipal de Vilalba
o vindeiro sábado 1 de maio, ás 19:30 horas.
Velaquí a nota informativa.
SINOPSE
Mariña é unha illa emocional, un ser illado na procura dun faro que a guíe no escuro. Cando non atopa esa luz séntese perdida, chea de baleiro e de medo á soidade. É na relación con Vicente onde Mariña se aferra como única táboa de salvación. Pero de achegarse excesivamente a el podería acabar por encallar e afundir. É o paradoxo do faro. A creba dun naufraxio. O misterio de Ons.
EQUIPO TÉCNICO
Título orixinal: Ons
Ano: 2020
Duración: 87 minutos
Idioma orixinal: Galego
Dirección: Alfonso Zarauza
Guión: Jaione Camborda, Alfonso Zarauza
Elenco: Melania Cruz, Antonio Durán,
Xulio Abonjo, Anaël Snoek, Marta Lado
Montaxe: Fernando Alfonsín
Dirección de arte: Elia Robles Castrillo
Vestiario: Saturna
Son: Sérgio Silva, David Machado, Elba
Fernández, Xavi Font
Música: Elba Fernandez, Xavier Font
Fotografía: Alberte Branco
Produtora: Maruxiña Film Company,
Bando à Parte
Distribuidora: BTeam
A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO POR MOTIVOS DE CONTROL DE AFOROS E OUTRAS MEDIDAS SANITARIAS, HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO BEN DIRECTAMENTE NA CASA DA CULTURA DE VILALBA.