IESCHA.- Actos polos Día de Rosalía

O Instituto de Estudos Chairegos, continuando cos actos que durante os meses de febreiro e marzo ten programados en homenaxe a Rosalía de Castro baixo o título de QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA, organiza o venres 23 de febreiro de 2024, ás 20:00 horas, no Vestíbulo do Auditorio Municipal de Vilalba, a PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “A ROSA INCANDESCENTE”, realizado por DAVID VÁZQUEZ. No acto estará presente a guionista ANXOS GARCÍA, para conversar co público asistente. Contaremos tamén coa actuación dos grupos vilalbeses: CORREDORES DE SOMBRA e LAMBE LAMBE. Previamente, ás 19:30 h., levaríase a cabo a ofrenda floral no Parque Rosalía de Castro.

NOTA-INFORMATIVA-22A-ROSA-INCANDESCENTE22

Proxección da curtametraxe A ROSA INCANDESCENTE na Casa-Museo Manuel María

Este venres, día 23 de febreiro, é o día en que se conmemora o nacemento de ROSALÍA DE CASTRO e a Casa-Museo Manuel María quere festexar esta efeméride o sábado, día 24, cunha actividade que renda homenaxe a Rosalía e a súa obra.Comezaremos, ás 19 horasA entrada é libre e consistirá no seguinte:

-Lectura pública da propia obra de Rosalía (aquelas persoas que se queiran animar a ler un pequeno texto da obra de Rosalía deben de comunicalo ao correo da Casa-Museo, contacto@casamuseomanuelmaria.gal, ou a través do whatsapp, 698117621, dicindo, ao mesmo tempo, o título do poema ou anaco de poema que queren ler. O momento para esta lectura pública durará non máis de 20 minutos).

-Proxección de A ROSA INCANDESCENTE. Curtametraxe de 27 minutos, dirixida por David Vázquez, con guión de Anxos García Fonte e protagonizada por Alba López. Este filme vainos achegar unha Rosalía de Castro cercana e directa que nos conta ela mesma algúns dos aspectos fundamentais da súa obra. Rosalía é a mesma rosa incandescente de intelixencia, sensibilidade e paixón polo que fai. 

-Coloquio final coa guionista do filme, Anxos García Fonte.Para asistir á actividade é necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621