AELG: XXVII Homenaxe “A Escritora na súa Terra – Letra E” a Concha Blanco, en Cee o 12 de xuño
A Homenaxe “A/O Escritor/a na súa Terra – Letra E“, que cada ano impulsa a AELG, chega neste 2021 á súa XXVII edición, recaendo por decisión da Asemblea de Socias e Socios na figura de Concha Blanco.
A actividade terá lugar o sábado 12 de xuño, en Cee. A partir das 11:15 horas desenvolverase o programa de actos previsto, que se pode descargar aquí.
PROGRAMA DE ACTOS
11:15 h. Praza Concha Blanco (zona axardinada detrás do Mercado de Abastos de Cee)
Descubrimento do Monólito conmemorativo e plantación do pradairo/acer (árbore simbólica da escritora).
Interveñen:
• Margarita Lamela, Alcaldesa do Concello de Cee.
• Cesáreo Sánchez, Presidente da AELG.
• Concha Blanco.
12:15 h. Inauguración oficial da Praza Concha Blanco.
Interveñen:
• Margarita Lamela, Alcaldesa do Concello de Cee.
• Concha Blanco.
12:30 h. Casa da Cultura de Cee (Paseo Alcalde Pepe Sánchez, 9)
Acto de entrega da “Letra E”
Interveñen:
• Margarita Lamela, Alcaldesa do Concello de Cee.
• Cesáreo Sánchez, Presidente da AELG.
• Laudatio da autora, por Pilar Sampedro.
• Entrega da peza escultórica, elaborada por Soledad Penalta.
• Intervención da homenaxeada, Concha Blanco: Resposta á laudatio.
14:30 Restaurante Hotel Oca Insua Costa da Morte, en Cee (Avenida de Fisterra, 82)
Xantar de confraternidade posterior.
As persoas interesadas deberán anotarse previamente no correo electrónico oficina@aelg.org, indicando o seu nome, apelidos e número de teléfono, seguindo os protocolos sanitarios vixentes. Tamén se poderá facer a reserva nos teléfonos 981133233 ou 696581971 de luns a venres entre as 10:30 e as 13:30 horas. O prezo do menú é de 30 euros, que se pagarán antes de comezar o xantar, no mesmo restaurante.