Fai tan só uns días “o neno ” Torres caía fulminado en Riazor nun encontrón con Alex Bergantiños.A reación do público,dos xogadores do Dépor,dos twitter trending topic,amosa que en ocasións a irmandade vai sen h. Usar puñaladas coma vacina,non dar pasos atrás nin para recolocarse,discernir entre o manxar máis exquisito e o veleno,elexir o veleno,saír inmune,revela que en ocasións a irmandade vai sen h. Defraudar ate a deus,casi sempre a ún mesmo,mascalo todo,incluso as inxurias que agroman presaxios e sombras,amosa que en ocasións a irmandade vai sen h. Cando a vida xa non é tan vida,a festa agoniza,as eses son eses de resacas amargas e as queixas saben a gata vella,revela que en ocasións a irmandade vai sen h. Ignorar as saudades doridas,os tediosos fins de ciclo enlodados,as almas que xacen no berce dunha cama baleira,a soidade das manifas nas que se cosen as bandeiras da deserción coa miña estrela,proba que en ocasións a irmandade vai sen h. Cando os pilares que a vida che ofrece evidencian que non só te sosteñen,senón que entroidan en balconadas de gozos e risas,en outeiros da chaira ou en bicos con sabor ó Courel e a Quiroga,revelan que en ocasións a irmandade vai sen h. Agochar os vosos espellos,cando vos sosteñen con crueldade a vosa mirada,e a vosa propia ruindade,vomita coma un boomerang,o seu veleno,amosa que en demasiadas ocasións a irmandade sí vai con h.
Entradas recientes
- Andanzas do Suso de Lameliña. AS TRANSPANTASMAS
- A revolución da música de raíz portuguesa, OMIRI, publica ‘PÉ COM PÉ’
- Richi Casás presentará “FULIADA NA VILA. O Cantar de Rosa e Adolfina” este sábado na Casa-Museo María María
- The Rapants inicia este venres 24 en Madrid, no Inverfest, a xira de concertos de 2025
- Conferencia A CREACIÓN DUN DISCURSO PROPIO SOBRE A LINGUA GALEGA E A SÚA NORMALIZACIÓN, de Ana María Iglesias, na Casa da Cultura de Vilalba