Edición dixital do poemário ARGONAUTA en Culturalia GZ por Antón de Guizán

Edición dixital do poemário ARGONAUTA en Culturalia GZ por Antón de Guizán

De terras do poeta antón Avilésde Taramancos cheganos unha xoia poética da man do bardo Moncho Bouzas.

Nado en 1971 na Vila de Esteiro á beira norte da Ría de Muros e Noia, a máis alta das rías baixas. Pai de dous fillos, vive en Queirís no vértice da Ría de Betanzos, na coroa da área metropolitana da Coruña.

Licenciado en Ciencias Económicas e Postgraduado en Banca e Institucións Financieiras pola Universidade de Santiago de Compostela, formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte participando en numerosos recitais poéticos e en publicacións colectivas.

Culturalia GZ e NPG Nova Poesía Guitirica presentamos o poemário Argonauta de Moncho Bouzas, ilustrado con fotografías do Biólogo e divulgador científico Xurxo Mariño e obras da pintora Amalia Costa. É a recompilación de vinte vellos poemas escritos no século pasado, todos eles lidos en recitais do Batallón Literario da Costa da Morte polo autor, e que agora ven a luz en formato de libro dixital nos soportes virtuais www.culturaliagz.com e www.galiciadigital.com e que poderán ser descargadas gratuitamente en PDF. Velaí o enlace a dito poemário.

Unha nova publicación dixital dun poemário que se suma a várias colectivas e a outras que temos preparadas. Estreamos, asi un espazo aberto a creadores para a difusión das suas obras poéticas e literárias en formato dixital e gratuito que agardamos sexa aproveitado por grande cantidade de escritores e artistas.

Esta obra de Moncho Bouzas permite recuperar para o público un activo poético criado a carón do êxitos e histórico Batallón Literário da Costa da Morte, desta volta desde As Mariñas coruñesas donde reside e desde onde impulsa o grupo Voces Poéticas do Mandeo co que colaboramos desde a NPG.

Vinte poemas de Moncho, recuperados do passado século pero tan actuais como o pulso poético do seu autor, un inquedo facedor de versos e amizades que ten gañado a admiración polos seus versos de aqueles que os leen ou escoitan e a amizade de quen o trata. Convidamos pois a saborear estas vinte xoias do ARGONAUTA, primeira obra poética individual que editamos, e coa que se estreamos tamén o poeta, que na nave argonauta que zarpou desde a ria de Muros as augas da Costa da Morte para remontar  o Mandeo até o seu nacemento, na Cova da Serpe nunha longa singladura que foi, carga da de experiências cal viaxe á súa particular Itaca

En verbas do própio Moncho:

“Eu teño interiorizada, desde a participación no Batallón Literario da Costa da Morte, o concepto da poesía como unha forma de activismo colectivo. Polo tanto, concibo ARGONAUTA como unha aportación máis a este espazo poético que felizmente conformamos e conscientemente impulsamos.

O importante, para min, non é o meu breve poemario senón o ámbito social arredor da poesía que xurde do que a min me gusta denominar Grupos Poéticos Cidadás de Base.

Estou ao servizo desa idea e ofrezo ARGONAUTA xustamente porque percibo que podo participar alonxado de criterios individualistas.”

Libro #PoemasPenduradosDeFarolas. LUMES, NUNCA MÁIS!

Libro #PoemasPenduradosDeFarolas. LUMES, NUNCA MÁIS!

A finais de 2014, o ano da dedicatória das letras galegas a Xosé María Díaz Castro, a NPG Nova Poesía Guitirica, nacida no 25 cabodano da morte do poeta vilarego ao amparo do proxecto Os Vilares, lareira de soños ese mesmo ano, ideóu comenzar cada ano con unha iniciativa que levara a poesía ás rúas con unha proposta bautizada como #PoemasPenduradosDeFarolas. Así, a primeiros do ano 2015 versos dos poetas Guitiricos e un poema  de Díaz Castro encheron farolas das localidades de Guitiriz e Parga. Na segunda edición, a proposta levaba xa un contido social, un compromiso poético coa realidade que ademáis de abrir a participación a poetas e convidados (Martiño Maseda e Raúl Gómez Pato, gañadora do primeiro prémio de poesia) a temática común foi contra a violencia machista,  unha das grandes lacras da nósa sociedade. Para este ano 2018 as farolas de Guitiriz,  nunha convocatória por primeira vez aberta da que participan arredor de medio cento de poetas de Galiza, Portugal, Sudamérica, España, Italia e mesmo Ukraina alzan os seus versos contra o lume que devastou no nóso país mais de 50.000 hectáreas de monte ademáis de casas e negócios e levando por diante várias vidas. Outra grande catástrofe da que se fan eco grandes facedores de versos que participan na iniciativa da NPG e que a partires do 13 de xaneiro pendurarán das farolas e dos soportes dixitais de CulturaliaGZ e Galicia Dixital para a súa descarga gratuita. Sen dúbida unha proposta orixinal e novidosa con grande acollida como demostra a cantidade e calidade na participación e que mantén o pulso díazcastriano na súa de localidade de orixe con outras accións como o Prémio de Poesía, o Certame Vilariñas de micropoesía e as numerosas actividades e recitais desenvolvidos e nos que participa o grupo da NPG Nova Poesía Guitirica.

Veremos nas rúas poemas de 60  poetas de Galiza, Portugal, Venezuela, Ucraína e Italia que farán de Guitiriz e Parga un grande poemario contra os incendios e das suas farolas as páxinas.

*No seguinte enlace accederemos ao libro en formato dixital para que todo o mundo poida desfrutar do mesmo.

Medre a Poesía!

POEMAS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. NPG e Outros Autores.

POEMAS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. NPG e Outros Autores.

  1. Para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero o grupo poético NPG Nova Poesía Guitirica levou a cabo a iniciativa de pendurar nas farolas poemas cuxa temática estaba relacionada con esta lacra social, que atenta contra a esencia fundamental da muller como ser humano.

E agora ditos poemas pasan a formato dixital para que poida gozar coa súa lectura todo o mundo.

Velaí o enlace para descargar os Poemas contra a Violencia Machista da NPG Nova Poesía Guitirica e que formaran parte na súa maioría da iniciativa citada de comezos de ano de #PoemasPenduradosDeFarolas e #EnNegroContraAViolenciaMachista. Ademais dos poetas escritos polos integrantes da NPG, tamén aparecen doutros autores coma Emilia Martínez Fuentes, Toño Núñez, o vilalbés Martiño Maseda, o gañador da primeira edición do Premio de Poesía Xosé María Díaz Castro, Raúl Gómez Pato e, por suposto, o vilarego universal Xosé María Díaz Castro.

LIBRO DAS VILARIÑAS 2017

LIBRO DAS VILARIÑAS 2017

Abundante foi a participación nesta primeira edición do Certame das Vilariñas 2017 convocado pola Asociación Sociocultural Lareira de Soños e o colectivo poético NPG (Nova Poesía Guitirica), para honrar a figura de Xosé María Díaz Castro, o gran poeta galego nacido precisamente na parroquia de Os Vilares en Guitiriz. Igualmente foi elevada a cifra de Vilariñas presentadas ao citado Certame. Autores noveis nestas lides poéticas competiron ao carón de autores xa consagrados.

E tal e como se anunciara, Culturalia GZ tivo a honra de encargarse da publicación de todas as Vilariñas, tanto as que resultaron gañadoras como as restantes que participaron no concurso, pero que non obtiveron galardón.

Facede clic aquí para proceder á descarga. (Clic no botón dereito e Gardar enlace como)