ABRAHAM CUPEIRO na Casa-Museo Manuel María

ESTE PRÓXIMO DOMINGO, 12 DE MAIO, ÁS 18.30, TEREMOS A OPORTUNIDADE DE ESCOITAR O CONCERTO-MONÓLOGO DE ABRAHAM CUPEIRO, “RESOANDO NO PASADO”, NA CASA-MUSEO MANUEL MARÍA

Resoando no Pasado é unha colección de instrumentos que Abraham Cupeiro mostra a través dun concerto-monólogo en que viaxa ao pasado máis remoto da nosa especie a través dos sons dos instrumentos de vento. 

Desde unha pequena frauta de óso (46OOO a.c) até un grande Sousaphone orixinal do século XIX. Na colección, están representados instrumentos de todas as familias, lugares e épocas. Ao longo do concerto, todos eles resoan de novo e dan lugar a interesantes anécdotas, de xeito que nos achegan á parte máis humana dos instrumentos musicais. 

Resoando no Pasado é un proxecto para todos os públicos. Unha forma de se achegar a outras épocas e culturas a través dos instrumentos.

Reservas (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621

Representación da obra teatral “Yerma” en Antas de Ulla, e outras actividades do IEU

O sábado 18 de maio (en sesións de 20 h e 21,30 h), na Casa-Escola de Peibás o grupo de teatro de Antas interpretará unha adaptación de Yerma dirixida por Patricia Coucheiro. Para poder asistir é preciso reservar entradas no tfno 619906206 ou no 661827958 porque o aforo é moi limitado.

Por outra parte, os días 6 e 7 de maio terán lugar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña unhas xornadas cos resultados dos traballos de investigación educativa realizados na comarca da Ulloa froito da colaboración entre a UDC e a asociación Cuarto Mundo, coa que colaborou o IEU. Intervirá nas xornadas Patricia Coucheiro como membro de Cuarto Mundo e do IEU.  

O xoves 9 de maio ás 20,30 o afamado naturalista Joaquin Araujo impartirá en Melide a conferencia “La libertad del agua”.

E o venres 10 de maio ás 19,30  haberá no Vello Cárcere de Lugo unha charla informativa sobre Altri.

Conferencia “LUISA VILLALTA, a palabra precisa”, de Beatriz Maceda Abeleira, na Casa da Cultura de Vilalba

O venres 10 de maio de 2024 ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegosco gallo das Letras Galegas 2024organiza a conferencia LUISA VILLALTA, A PALABRA PRECISA, que será impartida por BEATRIZ MACEDA ABELEIRA, mestra e escritora. No acto intervirá tamén a poeta vilalbesa PILAR MASEDA, e será presentado por MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha.

NOTA-INFORMATIVA-CONFERENCIABEATRIZ-MACEDA

Roteiro A Coruña de Luísa Villalta: límite exterior, guiado por María Casar, presidenta da A. C. Ergueitas

Roteiro A Coruña de Luísa Villalta: límite exterior, guiado por María Casar, presidenta da A. C. Ergueitas, vai ter lugar finalmente o xoves 16 de maio, a partir das 17:00 horas, na cidade da Coruña, tendo como punto de saída tendo como punto de partida a estatua de Emilia Pardo Bazán, nos Xardíns de Méndez Núñez. Agradecemos que as persoas interesadas se inscriban previamente no correo electrónico oficina@aelg.org, indicando o seu nome e apelidos. A inscrición realizarase por orde cronolóxica de chegada das solicitudes.

Esta iniciativa da AELG pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.

A actividade conta co apoio do Concello da Coruña.

Máis información aquí: https://www.aelg.gal/actividades/paseos-literarios/2024/4/27/a-coruna-de-luisa-villalta-limite-exterior

Palestra informativa OS IMPACTOS DE ALTRI na Casa da Cultura de Vilalba

O xoves 9 de maio de 2024, ás 20:00 horas,na Casa da Cultura de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos organiza a palestra informativa OS IMPACTOS DE ALTRI, na que participarán ANA FERNÁNDEZ SANTAMARINA, doutora en Hidroloxía e Xestión de Recursos Hídricos, membro de ADEGA; COSME DAMIÁN ROMAY, biólogo e membro do Grupo Naturalista Habitat, e MARCIAL BARRAL VASQUES, veciño afectado e membro da Fundación Eira da Xoana. Presentará o acto MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha.

NOTA-INFORMATIVA-PALESTRA-ALTRI