O vindeiro venres 14 de febreiro de 2020, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan a presentación do libro “TRES BICHICOMAS, DÚAS ILLAS E UNHA SEREA”, de ROSA ANEIROS, editado por Edicións Xerais de Galicia, publicación gañadora do II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade que convocaran no ano 2018 as tres entidades antes mencionadas. No acto intervirán: a propia autora do libro, Rosa Aneiros; o director de Edicións Xerais de Galicia, Fran Alonso; a alcaldesa do Concello de Vilalba, Elba Veleiro, e a presidenta do Iescha, Marisa Barreiro.
Entradas recientes
- A ODISEA da Companhia do Chapitô e a adaptación á escena do fenómeno literario LAS GRATITUDES, con Gloria Muñoz á fronte, protagonizan a terceira semana do FIOT
- A Deputación da Coruña aborda a colaboración entre Cultura e Acción Social para avanzar cara a unha participación cultural máis inclusiva
- ButacaZero reúne a mozos e mozas de Vigo para revisitar en escena a gran folga obreira de 1972
- Guadi Galego volta ás salas pequenas con 4 concertos íntimos e exclusivos en Santiago e Ourense
- Proxección do documental PRISCILIANO E A GALLAECIA, de Aser Álvarez, na Casa da Cultura de Vilalba
