
1.- ÍTACA TEATRO.- 6/11/2026
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba e a Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza a representación teatral INSTRUCIÓNS PARA TOMAR CAFÉ, espectáculo de narración oral a cargo de Carlos Rebolo, de Ítaca Teatro.
O acto terá lugar o venres 6 de novembro de 2026, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, con entrada de balde.
NOTA-INFORMATIVA-ITACA-TEATRO
2.- CINE CICLO MESTRE MATEO.- 7/11/2026
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, a Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe de ficción SAN SIMÓN, de Miguel Ángel Delgado, continuando deste xeito co CICLO MESTRE MATEO-2026 que nos está brindanado a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIV PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta oitava proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 7 de novembro de 2026, ás 20:00h.
A entrada é de balde, pero haberá que facer a correspondente reserva de localidade en entradasvilalba.es.
NOTA-San-Simon