Concerto de UXÍA, o sábado 17 de outubro, na Casa-Museo Manuel María

De Manuel María a Begoña Caamaño é o título do concerto que Uxía, acompañada por Santi Cribeiro (acordeón) e Sérgio Tannus (guitarra), dará este sábado, 17 de outubro, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María.

Interpretarán pezas do traballo musical sobre poemas de Manuel María realizado, en 2012, por Uxía, e cancións do último traballo de esta, en homenaxe a Begoña Caamaño, “Indómitas (nove ondas a Begoña Caamaño)” (2026).

Billete: 5 euros. Reservas en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.

Uxía fará este mesmo concerto o día 16 de outubro, venres, ás 20 horas, no novo Espazo Cultural Manuel María (rúa do Socorro, 30 A Coruña). Se estades interesados en asistir ao da Coruña comentarvos que debedes reservar en espazocultural@manuelmaria.gal ou no whatsapp 641027032.

Presentación do libro CANTOS DE DOR E LIBERDADE. Voces galegas por Palestina, de VVAA, na Casa da Cultura de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba,  organiza a presentación do libro CANTOS DE DOR E LIBERDADE. Voces galegas por Palestina, que terá lugar o vindeiro venres 16 de outubro, ás 19:00 h., na Casa da Cultura de Vilalba. No acto podermos escoitar algúns dos poemas na voz das súas autoras.

NOTA-INFORMATIVA-LIBRO-PALESTINA