Proxección da película WITH HASAN IN GAZA, de Kamal Aljafari, na Casa da Cultura de Vilalba

Cada 2 de novembro, data na que se cumpre o aniversario da Declaración Balfour de 1917, celébranse os Días de Cine Palestino arredor do Mundo (Palestine Cinema Days Around the World), unha iniciativa global de resistencia cultural impulsada por FilmLab Palestine. A proposta reivindica o cinema como espazo de memoria e de expresión colectiva, e convida a públicos de todo o mundo a achegarse a miradas palestinas que moitas veces quedan fóra dos circuítos habituais dde exhibición.
Nesta ocasión, o Instituto de Estudos Chairegos-IESCHA, a partir dunha proposta de Martin Pawley, ten a sorte de poder ser o organizador dun dos pases da película en Vilalba, Será o mesmo día que en todos os lugares do mundo, é dicir o LUNS 2 DE NOVEMBRO, ás 20:30 horas, na CASA DA CULTURA DE VILALBA.
PELÍCULA QUE SE PROXECTA
WITH HASAN IN GAZA (Con Hasan en Gaza) é un documental de 2025 do cineasta palestino Kamal Aljafari, moi ben recibido pola crítica.
NOTA-INFORMATIVA-CINE-POR-PALESTINA