
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe de ficción HONEYMOON, dirixida por Enrique Otero, continuando así co CICLO MESTRE MATEO-2025 que durante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIII PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta OITAVA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o mércores 15 de outubro de 2025, ás 20:30 horas.
A entrada será de balde apero haberá que facer reserva de localidade na web www.entradasvilalba.es ou na Casa da Cultura de Vilalba.
NOTA-INFORMATIVA-HONEYMOON