O Atlantic Pride convoca unha nova edición do Certame de Literatura LGTBIQ+ para relatos curtos sobre diversidade

Coa idea de tecer unha rede de cultura e activista, o festival organiza, por quinto ano consecutivo, un concurso literario de relato curto sobre diversidade en colaboración coa Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña, a través do club de lectura QUEERuña

O V Certame de Literatura LGTBIQ+ pretende visibilizar as diversidades sexuais e de xénero e vivenciar as experiencias minorizadas de todas as persoas LGTBIQ+

As obras deberán ser en galego, orixinais e inéditas, de temática libre e con vinculación á diversidade LGTBIQ+, e poderán presentarse até o 31 de maio, optado a tres premios en metálico (de 600, 300 e 100€) 

O xurado estará composto por integrantes do club de lectura QUEERuña e as obras gañadoras anunciaranse durante a celebración do festival (do 5 ao 12 de xullo de 2026), momento no que terá lugar, tamén, a entrega dos premios 

As bases de participación do concurso poden consultarse na páxina web oficial do festival: www.atlanticpride.es/certame-literario

O Atlantic  Pride convoca unha nova edición do Certame de Literatura LGTBIQ+. Coa idea de tecer unha rede de cultura e activista, o festival organiza, por quinto ano consecutivo, un concurso literario de relato curto sobre diversidade en colaboración coa Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña, a través do club de lectura QUEERuña, un grupo de lectura que se reúne mensualmente desde o 2016 para ler e debater sobre cultura LGTBIQ+.

V Certame de Literatura LGTBIQ+ do Atlantic Pride pretende visibilizar as diversidades sexuais e de xénero e vivenciar as experiencias minorizadas de todas as persoas LGTBIQ+. As obras deberán ser en galego, orixinais e inéditas, de temática libre e con vinculación á diversidade LGTBIQ+, e poderán presentarse até o 31 de maio, optado a tres premios en metálico (de 600, 300 e 100€).

O xurado estará composto por integrantes do club de lectura QUEERuña e as obras gañadoras anunciaranse durante a celebración da 7ª edición do festival (do 5 ao 12 de xullo de 2026), momento no que terá lugar, tamén, a entrega dos premios. As bases de participación do V Certame de Literatura LGTBIQ+ do Atlantic Pride poden consultarse na páxina web:

www.atlanticpride.es/certame-literario

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

Poderán participar todas as persoas maiores de idade, sempre que as obras sexan en galego, orixinais e inéditas, non publicadas en ningún tipo de formato, nin total nin parcialmente (incluído Internet), non premiadas ou pendentes de decisión en outros concursos, ou á espera de resposta de procesos editoriais. O incumprimento desta primeira base descualifica automaticamente o traballo presentado. Só se admitirá unha obra por persoa. Toda persoa que participe neste certame acepta a cesión da obra para a súa publicación e difusión en outros medios físicos ou dixitais relacionados co Atlantic Pride ou o Club de lectura QUEERuña. Nun futuro, tentarase publicar un libro cos relatos premiados e unha selección do xurado.

TEMÁTICA, EXTENSIÓN E FORMATO

A temática é libre, con vinculación á diversidade LGTBIQ+. O texto presentarase a través da páxina web do festival www.atlanticpride.es, en formato pdf e en documento tamaño DIN A4, cunha extensión máxima de 10 páxinas, con tipografía Times New Roman, tamaño 12, interlineado 1.

XURADO

O xurado estará composto por integrantes do club de lectura QUEERuña. As integrantes do club QUEERuña que compoñen o xurado non poderán participar neste concurso. Unha vez finalizado o prazo de presentación, a organización facilitaralle ao xurado todas as obras presentadas ao concurso, tamén en formato dixital, pero sen ningún dato persoal que permita identificar a súa autoría. O xurado realizará a súa valoración en dúas fases: unha individual e outra grupal, que será nun encontro ordinario do club. No caso de existir disparidade de criterios que non permita dirimir as obras premiadas, optarse por realizar unha votación individual coas puntuacións 10, 7, 5, 3 e 1 puntos e as obras gañadoras serán as que maior puntuación acaden. O xurado levantará acta das valoracións e posteriormente remitiralla á organización do certame. Os criterios de valoración o xurados serán, por unha banda, a calidade literaria e a corrección gramatical, e, por outra, a atención a personaxes e historias infrarrepresentadas dentro do espectro LGTBIQ+ e a orixinalidade da obra.

PRAZOS

O 31 de maio de 2026 será o día de peche da recepción de obras. Durante a celebración do festival (do 5 ao 12 de xullo) anunciaranse as obras gañadoras e farase a entrega dos premios.

PREMIOS

Haberá tres galardóns en metálico (1º premio: 600 €; 2º premio: 300 €; 3º premio: 100 €).

SOBRE O ATLANTIC PRIDE, O ‘ORGULLO DO NORTE’ CORUÑÉS

Coñecido como o ‘Orgullo do Norte’, o Atlantic Pride é un festival de música pioneiro, gratuíto e inclusivo que se celebra na cidade da Coruña, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva. A cita está impulsada pola Asociación Orgullo Coruña –ORCO– e conta co patrocinio institucional do Concello da Coruña e o apoio da Deputación da Coruña. O Atlantic Pride posúe, tamén, o patrocinio privado de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic.

Na súa que na súa 6ª edición, celebrada o pasado mes de xullo de 2025, o Atlantic Pride reuniu a preto de 45.000 persoas. Neste 2026, o ‘Orgullo do Norte’ regresará á cidade herculina para festexar a súa 7ª edición cos primeiros nomes do seu cartel xa anunciados: Whigfield, Choriza May e Miriam Rodríguez.

O Atlantic Pride nace en 2019 coa vontade de situar á cidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebración sen distincións nin barreiras. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade dentro dunha contorna segura e amigable, desenvólvese en torno a varios días de concertos e actividades culturais, coa fin de atraer ao público local e de fóra, como un referente cultural, turístico e social e unha das citas imprescindibles do verán no noroeste peninsular.  

Tras seis edicións, o Atlantic Pride consolídase como un espazo de celebración aberto, seguro e diverso, como referente dos ‘Orgullos’ que se celebran no comezo do verán ao longo da Península e no que teñen cabida coloridas propostas para todos os públicos, gustos e idades.

Así, no Atlantic Pride non faltan concertos de inspiración eurovisiva, grandes nomes do pop galegos, nacionais e internacionais, divertidas actuacións de drags, pinchadas de dj’s de referencia da escena galega e estatal e a celebración do Certame Literario de Literatura LGTBIQ+, da man do Club de Lectura QUEERuña, que no 2026 afronta a súa quinta edición. 

Nos seus xa seis anos de historia, o cartel de Atlantic Pride reuniu figuras como La Terremoto de Alcorcón, La Casa Azul, Ladilla Rusa, Samantha Hudson, Javiera Mena, Grande Amore, Soleá Morente, OBK, Amistades Peligrosas, Fillas de Cassandra, Joe Crepúsculo, La La Love You, Melody, Locomía, Nancys Rubias, Samantha Ballentines, Soraya, Chanel, Lucía Pérez, Las Ketchup, Luna Ki, Mondra, Nena Daconte, Nebulossa, Raúl, Rosa López, Shego, Supremme De Luxe, Vengaboys, Agoraphobia, Anabel Conde, Arantxa Castilla-La Mancha, De Ninghures, David Civera, Edurne, Judeline, Leria, Mayo, Merche ou Nia, entre moitas outras. 

2026.02.10.NP-Certamen-Literatura-LGTBIQ-Atlantic-Pride-2026

A sexta edición da GALICIA DESIGN WEEK celebrarase do 14 ao 23 de maio na Coruña

O único festival do noroeste peninsular que forma parte da rede internacional World Design Weeks consolidará a súa posición co impulso da programación profesional

A sexta edición do festival GALICIA DESIGN WEEK celebrarase na cidade herculina do 14 ao 23 de maio. O punto de encontro de referencia para o deseño galego volverá ás rúas e espazos singulares da Coruña para poñer en valor e achegar á cidadanía o papel dun sector profesional fundamental no ámbito cultural, social e empresarial. 

Obradoiros para profesionais, visitas de recoñecidas figuras e entidades de ámbito nacional e internacional, exposicións e parladoiros abertos ao público, presentacións en primicia de novos produtos, música e gastronomía formarán parte dunha programación que, neste 2026, porá o foco nas actividades profesionais, á fin de consolidar o seu papel referencial: GDW é, xunto coa Barcelona Design Week, o único festival da península que forma parte da organización internacional World Design Weeks.

Ao longo destes anos, GALICIA DESIGN WEEK ofreceu a posibilidade de coñecer, desde a proximidade, o traballo de profesionais renombradas de ámbitos como a arquitectura, audiovisual, dixital, editorial, fotografía, gráfica, ilustración, moda, packaging, son ou tipografía, entre outros. Polos seus talleres e charlas pasaron nomes como os tipógrafos Arillatype, o estudio de arquitectura Burr, a produtora audiovisual Canada, a ilustradora Coco Dávez, a axencia dixital Cuchillo, o estudio de deseño de produto CuldeSac, a axencia Folch, a tipógrafa Marta Cerdà, o director creativo Nacho Padilla ou a deseñadora portuguesa Silvia Matias; mais tamén creativas galegas referentes no seu sector,  como a ceramista Verónica Moar, a cesteira Idoia Cuesta, a directora de escena Marta Pazos, a cociñeira Lucía Freitas, a axencia editorial Desescribir, os deseñadores Cenlitros ou o estudio especialista en branding Costa. Neste 2026, a GDW volverá presentar na Coruña os traballos máis salientables do deseño de profesionais acreditadas, tamén das novas xeracións, á vez que impulsará o encontro entre a comunidade deseñadora e o público. 

O vento, protagonista da imaxe da GDW

O estudio de deseño Vagrant, con sede na Cidade Vella coruñesa, é o responsable, un ano mais, da imaxe do festival, que en cada edición evoluciona sempre tendo como punto de referencia Galicia. “Neste ano, o vento é o protagonista do noso sistema visual. Representado por A Coruña, a cidade do vento, e expandíndose por todas as provincias, axitando, desfacendo e difuminando cada zona pola que pasa a través de halos abstractos que nos permiten ser máis sutís e editoriais”, explican os directores creativos, Illán Vega e Jacobo Galán.

GALICIA DESIGN WEEK

A GALICIA DESIGN WEEK, codirixida por Marta González Rivas e Álex Rico Caramés, é a gran cita do deseño galego. A sexta edición do festival, creado no 2021 pola axencia galega FOLLOW  e co-organizada desde 2024 pola asociación GALICIA DESIGN, conta co apoio do Ministerio de Cultura do Goberno de España e de entidades do ámbito privado como Cervezas Alhambra, Studio Follow, Grupo Malasa, Mobalco ou Checkpoint, entre outras.

A 13ª edición do Noia Harp Fest celebrarase do 29 de xullo ao 1 de agosto

O evento cultural, referente no mundo da arpa, reúne cada verán na localidade coruñesa ás intérpretes máis recoñecidas do instrumento a nivel internacional

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia celebrará a súa décimo terceira edición do 29 de xullo ao 1 de agosto deste 2026. O evento cultural regresará este verán ás rúas e recintos singulares da localidade coruñesa para descubrir ao público novas sonoridades e propostas artísticas chegadas tanto de Galicia como de diferentes países de Europa, África e América. 

Noia Harp Fest é unha cita imprescindible no calendario musical do verán galego, pois é a única cita de todo o noroeste peninsular que se dedica, exclusivamente, a fiar a súa programación a través da interpretación musical dun único instrumento: a arpa. Cunha ducia de edicións ás costas, polos seus escenarios pasaron algunhas das mellores arpistas das últimas décadas, como tamén as xeracións máis novas das escolas de Galicia.

Kevin LePennec actuou no Noia Harp Fest 2025

Estilos moi diversos, intérpretes de diferentes xeracións e orixes, e propostas para formato máis íntimo ou para grandes escenarios conviven nun programa que, cada ano, conta co selo de calidade de quen asina a dirección artística do evento: a asociación Noia Harp Fest, e que conforman as principais arpistas do país. 

Ademais, desde o ano 2023, o festival incorpora a celebración do Premio Internacional de Composición Portus Apostoli, un certame creado para favorecer a ampliación do repertorio de obras escritas para arpa e orquestra. Nas últimas edicións, as pezas gañadoras (creacións dos arxentinos Federico Beilinson e Alejandro Civilotti) foron interpretadas pola Real Filharmonía de Galicia. Precisamente estas semanas o xurado está a valorar as obras enviadas no marco da cuarta edición do concurso e o fallo darase a coñecer proximamente.

Video resumo do Noia Harp Fest 2025

A 13ª edición do Festival Internacional de Arpa Vila de Noia está organizada por Nalgures Producións, baixo a dirección da asociación Noia Harp Fest, e conta co apoio institucional do Concello de Noia, Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, e de Acción Cultural Española AC/E, ademais da colaboración da Deputación da Coruña.

Rodrigo Cuevas estrea ‘Llagares’, último avance do álbum MANUAL DE BELLEZA

Rodrigo Cuevas estrea Llagares, o último avance do seu álbum Manual de belleza, que presentará no Coliseum da Coruña o 30 de abril

As entradas para o único concerto que o artista asturiano ofrecerá en Galicia no 2026 xa están á venda en ataquilla.com

Rodrigo Cuevas vén de estrear na súa canle de Youtube a súa última creación, Llagares,unha proposta audiovisual que recolle tres novos sinxelos do novo disco do cantante asturiano, Manual de belleza: Sácame a bailar, con Ana Belén, Asturcón Una muerte ideal, na que colabora Grande Amore.

Llagares é o último avance que Rodrigo Cuevas dá a coñecer do seu Manual de belleza, cuxa presentación en Galicia será o 30 de abril no Coliseum da Coruña. As entradas para o único concerto que o asturiano ofrecerá este 2026 no país xa están á venda a través da plataforma www.ataquilla.com.

Llagares, dirixido por Jorge Rojas, conta coa colaboración de Rossy de Palma: https://www.youtube.com/watch?v=z5vAq57BaUk

ESTÁIS DESEANDO ESTA BELLEZA

Por Aitana Castaño Díaz

Tenéis muchas ganas de escuchar Manual de la Belleza de Rodrigo Cuevas. Ya os lo digo yo. Las tenéis desde que acabó la gira del anterior disco, Manual de Romería, y os duraron las agujetas no menos de cuatro días. Y más todavía desde que escuchasteis Un mundo feliz, con Massiel, como aperitivo de lo que se viene. Que levante la mano el que no haya entonado en el último mes “los porteros de les discoteques, tratente con mucha educación”. Home no.

Ahora llega Llagares, un formato que recuerda a Cantares, aquel famoso programa de Lauren Postigo que los que no sois tan viejos como para acordaros de Lauren Postigo recordaréis por la imitación de Martes y Trece y ese ya mítico: “España no se acaba donde empieza el mar, hay barca pa seguir” de Paca Carmona. Y los que sois tan jóvenes que no sabéis ni de lo que hablo… mira, guajes, cultura popular. ¡Búsquenlo!

En Llagares dirigido por el talentoso Jorge Rojas, con Rossy de Palma, maravillosa, en el papel de presentadora, se intercalan entrevistas (con el cantante y con vecinos de Piloña que no fueron obligados a aparecer en él) con extractos de tres temazos, todo temazos, que, a ver cómo os explico.

¿Escuchasteis alguna vez a Ana Belén cantar un pasodoble? Pues lo vais a hacer. Se llama Sácame a bailar y habla de esos amores eternos que te tocan con la punta de la nariz en la cara y huelen como siempre y te agarran como nunca nadie lo hizo igual. ¡Ay, qué guapo tou! Tino Cuesta y los chavales de la Banda de Música de Pravia le ponen el toque a este tema de Cuevas con música de Eduardo Cabra, que, como ya sabéis de anteriores discos, es también el productor. Si no bailas agarrao aquí, yo ya no sé.

La segunda canción de este Llagares es Asturcón, que, como la cosa va de referencias “vintage”, pues está protagonizada por tres “poderosos” (iba a poner buenorros, pero bah… diome palu) bandoleros. “Soy el tu asturcón, monta en mio grupa, morena”, dice este tema que, además de con Cabra, cuenta con Zahara y Martí Perarnau como productores. Suenan en esta canción los sintetizadores, pero también el violín, la viola y el cello. Porque lo moderno no quita lo tradicional (lección que ya aprendimos hace dos manuales).

La tercera pieza de este adelanto lagarero es Una muerte ideal, en la que Rodrigo comparte autoría con Mapi Quintana (una de las mejores voces de Asturias, ¡sí lo digo!) y el grupo gallego Grande Amore. Y como todo parece ir de referencias, esta canción es el culmen de ellas: la querrás escuchar una y otra vez para bailarla, cantarla y reírla. Años 80 en vena, rock, pop, hombreras y un videoclip épico grabado en el llagar Cortina de Villaviciosa con más de 100 extras (aplauso grande aquí para la producción dirigida por Mireya Delgado) que acudieron a la llamada de nuestra folclórica por excelencia: La Cuevas, que no se acaba donde empieza el mar, hay manual para seguir.

No me digáis que no lo estáis deseando.

Antía Muíño presenta ‘Mientras Sueño y Vivo’ e publica novo disco o 20 de febreiro

Antía Muíño presenta ‘Mientras sueño y vivo’, terceiro avance do seu novo disco

Anfibia Por Veces, editado por Raso Estudio, verá a luz o vindeiro 20 de febreiro en todas as plataformas dixitais

Ás veces, as cousas aparentemente máis pequenas resoan con unha forza inmensa. Iso é o que acontece cando Antía Muiño abraza a guitarra nas súas cancións máis íntimas, e Mientras Sueño y Vivoé unha boa mostra diso: unha peza crúa e emocionante que afonda na vertente máis reflexiva e melancólica dunha das voces máis destacadas da súa xeración.

Antía Muiño presenta este venres, 6 de febreiro, o terceiro e último sinxelo de adianto do que será o seu inminente segundo álbum, Anfibia Por Veces, que verá a luz o vindeiro 20 de febreiro.

O lyric vídeo de Mientras Sueño y Vivo está dispoñible en Youtube https://youtu.be/O00coP_XXok

A artista e compositora galega xa demostrara no seu álbum debut unha capacidade singular para conectar desde o esencial. Cancións como Carta Aberta, Noviembre ou Herba de Namorar converteron aquel primeiro traballo nunha das grandes revelacións de 2022 e nun referente da nova canción de autora galega.

Mientras Sueño y Vivo súmase así ás xa coñecidas A Beleza Augha Desa Fonte, temas cos que Antía Muiño foi debuxando paseniño o universo sonoro de Anfibia Por Veces: un discurso máis amplo, polifónico e transversal, sempre atravesado pola emoción compositiva e interpretativa que define o seu traballo. A artista presentará o disco o vindeiro 5 de marzo no Teatro Principal de Santiago de Compostela.