O IESCHA organiza a palestra ROSALÍA. PROCLAMAR AO MUNDO QUE GALIZA EXISTE, a cargo de Francisco Rodríguez, no Auditorio Municipal de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos, co patrocinio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputacion de Lugo e a colaboracion do Concello de Vilalba, organiza, dentro dos actos previstos para conmemorar o MES DE ROSALÍA, a palestra ROSALÍA. PROCLAMAR AO MUNDO QUE GALIZA EXISTE, a cargo de Francisco Rodríguez, comisariado e autor dos textos da exposición co mesmo nome que nestes días permanece aberta ao público na Sala de Exposicións do Auditorio.
O acto terá lugar o venres 20 de de febreiro de 2026, ás 20:00 horas, no mesmo lugar da exposición no Auditorio Municipal de Vilalba.

A galería NÉBOA debuta en Investec Cape Town Art Fair con Andrea Davila Rubio

  • NÉBOA debuta en Cape Town con Andrea Davila Rubio
  • 19 – 22 de febreiro de 2026, Cidade do Cabo, Suráfrica
  • INVESTEC, Sección comisariada: Tomorrows/Today 2026
  • “Clean Look / Daily Proection” | Andrea Davila Rubio | Stand TT 1

A galería NÉBOA (Lugo) participará por primeira vez nunha feira internacional fóra de España na 13ª edición de Investec Cape Town Art Fair, o principal encontro de arte contemporánea do continente africano, que terá lugar do 19 ao 22 de febreiro de 2026 no Cape Town International Convention Centre (CTICC), na Cidade do Cabo (Suráfrica). Recoñecida polo seu carácter próximo e, ao mesmo tempo, pola súa proxección global, a feira reúne destacadas galerías internacionais e consolidouse como un punto de encontro estratéxico para coleccionistas, comisarios, artistas e profesionais do sector. 

NÉBOA foi seleccionada para formar parte da sección comisariada Tomorrows/Today 2026 – If You Listen Carefully, the Air Is Full of Laughter, dirixida pola comisaria Mariella Franzoni. Inspirada na novela The Famished Road, de Ben Okri, a sección propón un espazo de escoita, atención e sensibilidade cara aos territorios intermedios: entre o visible e o invisible, o material e o espiritual, a memoria e a especulación, a claridade e a ambigüidade. O programa reúne once proxectos individuais de artistas internacionais procedentes de cidades como Milán, Ámsterdam, Londres, Johannesburgo, Cidade do Cabo, Barcelona e Lugo, consolidando un diálogo transversal entre escenas emerxentes e contextos culturais diversos.

A galería presentará “Clean Look / Daily Protection” un proxecto individual da artista Andrea Davila Rubio (Boiro, A Coruña, 1995), cuxa práctica escultórica investiga as relacións entre o coidado, a protección e a exposición do corpo no contexto contemporáneo. Para esta ocasión, a artista exhibe un conxunto de esculturas realizadas en resina epoxi, aluminio, cerámica e cota de malla, nas que formas orgánicas e estruturas de contención activan unha reflexión sobre a tensión entre vulnerabilidade e defensa, en diálogo directo co marco conceptual da sección.

A participación en Investec Cape Town Art Fair marca un fito na traxectoria de NÉBOAreforzando a súa proxección internacional e o seu compromiso co acompañamento de prácticas artísticas emerxentes desde o contexto local cara a circuítos globais.

NÉBOA poderá visitarse na sección Tomorrows/Today, Stand TT 1, do 19 ao 22 de febreiro de 2026, na Cidade do Cabo, Suráfrica.

TT1  | ANDREA DAVILA RUBIO | Spain, 1995

“Clean Look / Daily Protection”

NEBOA | Lugo, Spain

Under the title Clean Look / Daily Protection, Andrea Davila Rubio’s solo project unfolds as an installative choreography of sculptures that approach the body as a site where practices of care, discipline, and defence intersect. The artist examines how gestures associated with self-care, particularly those derived from the cosmetic and skincare industries, are entangled with broader biopolitical ideologies of protection, security, and self-regulation, echoing the logics of militarisation that permeate an increasingly tense, war-driven global landscape.

At the centre of the project lies the notion of the “clean look”: an aesthetic regime defined by smoothness, uniformity, and the systematic erasure of imperfection. Popularised through fashion and wellness cultures, it promotes an ideal of (unattainable) perfectionism: an apparently effortless, re-created naturalness produced through intense self-discipline. This form of performative wellness can be genealogically traced back to eugenic and scientific racism, as well as to the interiorised narcissistic psycho-power in which the contemporary individual is no longer conscious of their own subjection. Cleanliness thus functions as a form of aesthetic anaesthesia: nothing protrudes, nothing disrupts. Davila Rubio reads this aesthetic regime not as neutral, but as a disciplinary language that aligns the notion of beauty with conservative and normative ideals. Interiorised practices of body care become inseparable from social legitimacy and self-confidence, forming an invisible armour —one disproportionately designed for female-identifying bodies.

This tension is articulated through a body of new works developed during the artist’s first year at the Institute Art Gender Nature (IAGN) at HGK–FHNW in Basel. In the series Daily Protection, chainmail-like sculptures evoke both historical armour and contemporary garments —metallic second skins designed to envelop the body. Small metal amulets, shaped as stars or keys, puncture this defensive logic, introducing fragility, belief, and vulnerability. In Clean Look, head-like sculptures —produced in epoxy resin through silicone moulds derived from cosmetic face masks— appear sealed and expressionless. Encircled by aluminium belts tightened with ceramic buckles, these forms suggest containment and regulation: facial skin becomes a surface to be disciplined rather than a mirror of inner emotion.

Material research (here involving resin, metal, and ceramics) is central to Davila Rubio’s practice. Matter becomes the site where poetics take form, enabling an investigation into zones of ambiguity: between the human and the non-human, the organic and the synthetic, the masculine and the feminine.

The accompanying sound piece Prepare, Protect, Disappear ✧*:·゚  extends this ambiguity: a text is read aloud, oscillating between instructions for applying a facial mask or cream and those for painting camouflage onto the body. The listener remains uncertain whether the voice is preparing a body for care or for concealment within a war context.

— Mariella Franzoni

Curator

Andrea Davila Rubio (Boiro, 1995) é Doutora en Creación e Investigación en Arte Contemporánea pola Universidade de Vigo (2025). En 2021 completou a súa formación como investigadora predoutoral no Departamento de Filosofía do Boston College (Boston, EE. UU.) grazas a unha bolsa Fulbright-Xunta de Galicia. Ademáis, en 2025 foi becada polo Centro de Arte Fundación María José Jove para cursar o Máster en Belas Artes no Institute Art Gender Nature (IAGN) da HGK-FHNW University de Basilea (CH) durante os cursos 2025–2027.

Desde unha mirada crítica e situada, o seu traballo propón unha ruptura coas xerarquías tradicionais entre o humano e o non humano, expoñendo formas de convivencia e coidado nas que o corpo e a súa contorna comparten unha mesma lóxica de transformación mutua. A través da súa obra, a artista explora como a práctica escultórica pode converterse nunha forma de estar no mundo, e como o corpo é capaz de activar vínculos afectivos e materiais cando se entrelaza con elementos da paisaxe, así coma outros de vida cotiá.

Nos seus traballos, o corpo deixa pegadas, pero tamén é modelado polo que toca e convértese nunha superficie viva que acolle e se deixa afectar. A súa produción máis recente afonda nesta conexión entre corpo e materia, e propón novas formas de imaxinar a coexistencia interespecie desde o artístico.

Entre as súas exposicións destacan: A sweaty dispersal into the fog, Galería NÉBOA (Lugo, 2025); A Friend of a Friend of a Friend, der TANK (Basilea, CH, 2025); A que me refiero cando falo de corpo, Sarao Studio (Ferrol, 2025); Algo que brilla… ao final do bosque, Bienal de Arte Contemporánea, Fundación Sales (Vigo, 2024); atravesar o xardín / entre as dúas esquinas, Feira de Arte Culturgal (Pontevedra, 2023); Corpo, afectos, territorio, Centro de Arte Contemporáneo de Huarte (Pamplona, 2023); Snapshots de Chantada, Os Casares, Galería Vilaseco (Lugo, 2022); Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense, 2022); Feira de Arte Culturgal (Pontevedra, 2021); Novos Valores, Museo de Pontevedra (Pontevedra, 2020).

Ademais, realizou residencias artísticas na Fundación Walter & Nicole Leblanc en Bruxelas (BE) e no Centro de Residencias Artísticas de Matadero Madrid, grazas á Diputación de Pontevedra en colaboración ca 32ª Bienal de arte de Pontevedra; en Atelier Mondial en colaboración co Institue Art Gender Nature (IAGN) da HGK de Basilea (CH) a través do programa internacional de arte do Museo de Pontevedra; en 12Miradas da Galería Vilaseco en colaboración ca Fundación María José Jove (Lugo, 2021), en Residency Unlimited (Nova York, 2021), e foi premiada coa Residencia Artística Celestino Cuevas en Artesantander 2025 a través da Galería NÉBOA. Tamén recibiu bolsas e premios da Universidade de Vigo (bolsa predoutoral, 2020–2023), da Deputación da Coruña (bolsa de investigación, 2023–2024), da Deputación de Ourense (primeiro premio do XVI Certame de Artes Plásticas, 2021) e da Deputación de Pontevedra (premio do Certame de Artes Plásticas Novos Valores, 2020). As súas obras forman parte das coleccións da Deputación de Ourense e da Deputación de Pontevedra.

Web da feira:
https://www.investeccapetownartfair.co.za/visit

Sección Tomorrows/Today:
https://www.investeccapetownartfair.co.za/galleries/tomorrow-today

Horarios de apertura:

Vernissage — xoves, 19 de febreiro de 2026 (18:00 — 21:00 h)
Venres, 20 de febreiro de 2026 (12:00 — 19:00 h)
Sábado, 21, e domingo, 22 de febreiro de 2026 (11:00 — 19:00 h)

Enderezo:
Cape Town International Convention Centre (CTICC)
1 Lower Long Street, Cidade do Cabo, Suráfrica