Música Miúda presenta o contacontos musical AS HISTORIAS DE BEMOL PEQUENO na Casa-Museo Manuel María

Música Miúda presenta o contacontos musical As historias de Bemol Pequeno. Será este sábado, 6 de decembro, ás 17 hrs, na Casa-Museo Manuel María.

As historias de Bemol Pequeno son unha serie de contos e cancións interactivos en directo pensados para que o público familiar e infantil participe. En Bemol pequeno tense que resolver o misterio da música desaparecida da man da Meiga Xela.
Un contacontos musicado recomendado para crianzas. O espectáculo presenta conceptos básicos da música como o volume, o ton, as familias de instrumentos, as notas musicais.

Para asistir a esta actividade para crianzas entre 3 e 8 anos, é preciso reservar (billete 2 euros) no seguinte enderezo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621 

Esta fin de semana, o Pazo da Cultura de Narón acolle a estrea absoluta do espectáculo MANUAL DE PATRONAXE, de Teatro do Noroeste

O venres 5 e o sábado 6 de decembro, a compañía galega achega ao Pazo da Cultura de Narón a súa nova creación, con dirección de Clara Gayo sobre o texto de Nerea Brey, gañador do Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT de Ribadavia en 2023

O espectáculo —unha oda ás coidadoras: ás nosas avoas—­ está protagonizado por Iolanda Muíños, Raquel Espada e Susana Sampedro, con produción executiva de Eva Alonso, escenografía e vestiario de Equipo Taetro e deseño de iluminación e proxeccións de César Seijas

A peza é unha reivindicación, en clave feminista, de todos eses momentos que, pasando desapercibidos, son, non obstante, as puntadas que conforman o bordado da nosa vida

As entradas para as funcións de Manual de patronaxe no Pazo da Cultura de Narón o venres 5 (20.30h) e o sábado 6 de decembro (20.00h) están dispoñibles na web https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/manual-de-patronaxe

Teatro do Noroeste desembarca en Narón esta fin de semana coa estrea absoluta do seu novo espectáculo, Manual de patronaxe. O venres 5 e o sábado 6 de decembro, a compañía galega achegará ao Pazo da Cultura a súa nova creación, con dirección de Clara Gayo, sobre o galardoado texto homónimo de Nerea Brey, gañador do Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT de Ribadavia en 2023. 

Manual de patronaxe é unha oda ás coidadoras: ás nosas avoas, que está protagonizada por Iolanda Muíños, Raquel Espada e Susana Sampedro, con produción executiva de Eva Alonso, escenografía e vestiario de Equipo Taetro e deseño de iluminación e proxeccións de César Seijas. A peza quere ser unha reivindicación, en clave feminista, de todos eses momentos que, pasando desapercibidos, son, non obstante, as puntadas que conforman o bordado da nosa vida. 

As entradas para as funcións de Manual de patronaxe no Pazo da Cultura de Narón o venres 5 (20.30h) e o sábado 6 de decembro (20.00h) están dispoñibles na páxina web https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/manual-de-patronaxe.   

O proxecto, que representa a nova liña creativa de Teatro do Noroeste, é unha obra de autoficción na que a personaxe da ‘escritora’ busca descubrir a súa identidade como muller e como creadora nunha crise creativa. A través dos recordos do pasado de cando era ‘nena’, descobre que a súa ‘avoa’, que era modista, foi para ela un verdadeiro modelo feminista. Manual de patronaxe é unha peza aberta e flexible que abre un suxestivo diálogo interxeracional.

En palabras da produtora do espectáculo, Eva Alonso, Manual de patronaxe é “un proxecto que marca unha nova liña creativa en Teatro do Noroeste, aberta xa hai un par de anos, que supón o inicio do cambio xeracional da compañía. Así, en Teatro do Noroeste conviven agora os proxectos habituais con estes novos, nunha transición tranquila”. Alonso apunta, tamén, que “eliximos o texto de Nerea Brey porque fala desde unha perspectiva feminista das coidadoras, en concreto, das avoas que, dalgún xeito, criáronnos a todas e todos. Fala do proceso de facerse adulta e reivindica os pequenos momentos e detalles que van tecendo as nosas vidas. Que o texto fora dunha autora contemporánea galega, nova, e que gañara o Premio Abrente da MIT de Ribadavia foron as guindas do pastel”. Sobre a nova colaboración de Teatro do Noroeste coa directora Clara Gayo, quen xa dirixiu As damas de Ferrol para a compañía, a produtora confía no bo facer da directora e eloxia a súa mutua sintonía.

SOBRE A COMPAÑÍA

Teatro do Noroeste é unha compañía de teatro galega fundada en 1987. Na súa dilatada traxectoria de máis de 35 anos, ten producido e distribuído unha grande cantidade de espectáculos. Entre estas pezas se poden salientar desde textos clásicos, como Rei LearMacbeth ou Noite de Reis, de William Shakespeare, ou As vodas de Fígaro, de Caron de Beaumarchais; até textos máis contemporáneos, como Os Xustos, de Albert Camús; ou de autores galegos, como Historias Peregrinas e A grande noite de Fiz, de Miguel Anxo Murado, e Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro, ou o musical Imperial: Café cantante. Vigo 1936, de Eduardo Alonso, entre moitos outros.  Na súa última etapa, súmanse obras como Último verán en Santa CristinaAs damas de Ferrol ou Guerra, actualmente en xira por toda Galicia.

MÁIS INFORMACIÓN:

www.teatrodonoroeste.com

VENDA DE ENTRADAS:

https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/manual-de-patronaxe

NP_Estrea-MANUAL-DE-PATRONAXE