
RESIDENCIA ARTÍSTICA QUE INVESTIGA A CALIDADE HÍDRICA DO RURAL LUCENSE DESDE O MITO DAS AUGAS SAGRADAS DE ADAI 💧🔬🧫
- O 3 de outubro ás 19h, inaugúrase a mostra DA TRAÍDA no Espazo Leira, situado en Praza do Campo, Lugo
- E artista Antía Carreira leva semanas investigando a relación ancestral dos mananciais co sacro e a súa vinculación coa calidade hídrica das canalizacións no actual rural lucense, desde imaxes macro ás imaxes micro que revelan “outros mundos que están en este”.
- Antía Carreira é unhe artista de Lugo cunha ampla traxectoria no audiovisual e a xestión cultural
- Visión Periférica é unha proposta recoñecida e financiada polas Axudas INJUVE á Creación, consistente nun ciclo de residencias artísticas que se levarán a cabo durante 2025 e traerán a Lugo artistas de diferentes procedencias e disciplinas centradas no audiovisual.
- A exposición permanecerá aberta mediante visitas guiadas os días 17/10, 31/10 e o 14/11 , e mediante cita previa en leirahaus@gmail.com.
Accións: Proxección de Pupa (Filme premiado no Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto) o 16/09 ás 19:30h; e Excursión ao Monte Segade e obradoiro audiovisual con microscopios (con inscrición) o 20/09 ás 11h.




