O Encontro Galeusca de 2025 reúne representantes da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Euskal Idazleen Elkartea (EIE) e a Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (AELC), que representan case 2800 autoras e autores no conxunto das tres entidades.
Neste espazo de diálogo póñense en común perspectivas sobre a creación escrita nos nosos tres sistemas literarios recuperando e ampliando, deste xeito, os vínculos e as reflexións conxuntas levadas a cabo en anteriores encontros, centrándose, neste caso, en temas de actualidade como o impacto da Intelixencia Artificial desde a perspectiva das linguas e literaturas minorizadas ou a literatura de tradición oral.
Nesta ligazón pode consultarse máis información sobre as edicións anteriores: https://www.aelg.gal/actividades/federacion-galeusca
PROGRAMA PREVISTO
Venres, sexta feira, 19 de setembro de 2025
– Pola tarde. Chegada das persoas participantes a Santiago de Compostela.
– 19:15 h. Recepción na Alcaldía de Santiago, por Goretti Sanmartín.
– 21:00 h. Roteiro por Compostela coa presenza das delegacións convidadas, guiado por Daniel Asorey.
Sábado, 20 de setembro de 2025
Museo do Pobo Galego (Google Maps) Pola mañá.
– 11:05 h. Apertura por representantes das tres asociacións.
– 11:20 h. Relatorio inaugural sobre a traxectoria de Galeusca a cargo de Goizalde Landabaso, acompañada por Sebastià Portell (presidente da AELC) e Cesáreo Sánchez Iglesias (presidente da AELG).
– 11:40 h. Acto aberto de reflexión sobre Galeusca con representantes das tres entidades, moderado por Marta Dacosta.
– 12:45 h. Diálogo sobre Intelixencia Artificial desde a perspectiva das linguas e literaturas minorizadas, con Rubén Cela, Ania González Castiñeira e Sebastià Portell.
Museo do Pobo Galego. Pola tarde.
– De 16:30 a 17:30 h. Mesa redonda sobre literatura de tradición oral, coordinada por Antonio Reigosa. Con Oihana Arana e Amaia Elizagoien, Joan Borja, Alba María e Rita Sineiro.
– De 17:30 a 17:50 h. Lectura pública das conclusións do Galeusca 2025, por parte das tres asociacións.
Igrexa de San Domingos de Bonaval.
– 18:00 h. Lectura da Declaración de Compostela-Bonaval.
– De 18:30 a 20:00 h. Acto de clausura coordinado por Lois Pérez, con improvisación entre regueifeiras (Alba María e Lupe Blanco), bertsolariak (Oihana Arana e Amaia Elizagoien) e glosadors (Miquel Àngel Adrover e Berta Llos). Peche musical con Ugia Pedreira.
