por martinho | Abr 19, 2021 | Autores/as, Creación, Novas, Xeral
Coincidindo co 140 aniversario do pasamento do compositor galego Marcial del Adalid, o dúo integrado por Margarita Viso Soto e Juan Durán Alonso interpretarán este sábado 24 de abri, ás 19 hrs, na Casa-Museo Manuel María, a música escrita por Adalid para piano a catro mans. O programa será o seguinte:
Primeira parte
3 Marches
1/ Do menor
2/ Mi b maior
3/ Re menor
Sonate nº 1:
1/ Allegro moderato
2/Scherzo
3/Andante. Arietta
4/Rondó
Segunda parte
Sonate nº 2:
1/ Allegro brillante
2/Minuetto
3/Intermezzo cantabile
4/Rondó gracioso
Juan Durán é considerado pola crítica e público como o máis importante compositor galego da súa xeración, cun catálogo no que a ópera e a música sinfónica conviven cunha importantísima produción de música de cámara e lied, ademais de infinidade de orquestracións de música galega.A súa obra soa con frecuencia por todo o mundo, desde Europa a EE. UU, baixo a dirección de grandes batutas do noso tempo, como Vanska, Mena, Víctor Pablo ou Gómez-Martínez entre outros. Nomes como os de Elina Garança, Gallardo- Domâs ou o mesmo Orfeón Donostiarra cantaron moitas das súas creacións mentres a súa música de cámara foi interpretada e levada ao mundo do disco por agrupacións como Zoar, Hércules Brass ou o Grupo Instrumental Século XX.Entre outros moitos premios, Juan Durán conta co Premio dá Cultura Galega 2013 e co Premio Reina Sofía 2018. É ademais membro de número da Real Academia Galega de Belas Artes e da Academia da Música Valenciana.
Margarita Viso realiza estudos no Conservatorio Profesional de Música e Declamación de A Coruña. De piano con Jeannette Romero, de harmonía e contrapunto con Rogelio Groba. Amplía coñecementos con Mª Luisa Nache (canto), José Ferrer (trompa), Carlos López García Picos (composición), Eva Alcázar, Edith Picht-Axenfeld e Noemí Novara (piano).Como compositora é autora de diversas obras de cámara e para voz e instrumentos. Pertence á Asociación Galega de Compositores. A súa actividade como pianista acompañante incide principalmente no repertorio da música galega e española.Como musicóloga ten investigado sobre compositores galegos principalmente, destacando os seus traballos sobre Marcial del Adalid e José Baldomir. Pertence á Sociedad Española de Musicología e á Irmandade da Música Galega.Crea a editorial VISO (1997) adicada á publicación de música de autores galegos.Profesora de Solfexo e Teoría da Música (Madrid 1985), e Pianista Acompañante (A Coruña 1998), desenvolveu o seu labor docente nos conservatorios de Zaragoza, Ponferrada e A Coruña. Xubilada no 2017.En novembro de 2020 recibe o Premio da Crítica de Galicia, na sección de música.
É imprescindíbel facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whataspp 698177621. Billete: 5 euros.
por martinho | Abr 17, 2021 | Autores/as, Creación, Novas, Xeral
CONMEMORATIVO DOS 90 ANOS DA PROCLAMACIÓN EN VILALBA DA II REPÚBLICA-SÁBADO 24 DE ABRIL DE 2021-12:00 – TEMPLETE PRAZA DA COSNTITUCIÓN DE VILALBA
O Instituto de Estudos Chairegos-IESCHA, en colaboración co alumnado da Escola Municipal de Teatro e o Concello de Vilalba, celebrará un acto conmemorativo dos 90 anos da proclamación en Vilalba da Segunda República. Terá lugar o día 24 de abril, sábado, ás 12 da mañá, e desenvolverase no templete da Praza da Constitución -se fixese mal tempo levarase a cabo na Casa da Cultura-. En calquera caso, cumprirase estrictamente coa normativa anti-covid estipulada por mor da pandemia; deste xeito, dende o IESCHA, seguiremos apostando unha vez máis polo lema:“A cultura é segura”.
Foi o 14 de abril de 1931 cando se proclamou a Segunda República española; en Vilalba, uns días máis tarde, exactamente o 24 de abril, celebrouse a proclamación oficial da instauración do novo Réxime.
No último Caderno de Estudos Chairegos – publicación bienal do IESCHA, que vai polo número 10- Carlos Gómez Osa analiza polo miúdo a xeira republicana e a represión franquista na capital da Terra Chá no traballo titulado: “Vilalba: A política na República e a represión franquista”.
Nel figura que “O día 24 de abril (de 1931) realízase no salón de actos da Casa Consistorial a toma de posesión da Comisión Xestora, da que forman parte José Carballeira e Francisco Roca, do comité republicano e Domingo Gayoso e Manuel Taboada, do comité socialista”.
A prensa de entón publicou que “En medio de un gran entusiasmo izose la bandera tricolor en el balcón del Ayuntamiento a los acordes de la Nueva Lira y entre el disparo de potentes bombas. Varios vecinos hicieron uso de la palabra (…) En la Casa Consistorial ondearon durante nueve días las banderas republicana y gallega”.
Velaquí a nota informativa de tal actividade.
por martinho | Abr 13, 2021 | Autores/as, Creación, Novas, Xeral
TON ARENAS, DE MIRCROMINA TÍTERES, REPRESENTA ESTE SÁBADO, ás 17 hrs, NA CASA-MUSEO MANUEL MARÍA, “GYROVÂGUS”
O tiriteiro mindoniense Ton Arenas, da compañía Mircromina Teatro de Títeres, representa este sábado, día 17, ás 17 hrs, na Casa-Museo Manuel María, o seu espectátulo “GYROVÂGUS – Varietés Rural”.
A peza dirixida para público infantil e familiar e con elementos de monicreques de luva, “varilla”, fíos e ritmos percutidos en directo, constrúe unha ollada da vida dun navegante que chegado de lonxe atraca nun pequeno porto da Mariña. Serán Raio, un lobicán, Antolín, un bailarín, e o Propietario, as personaxes da terra que coa súa natureza e comportamento tracen o destino do nauta nesta simpática aventura.
As persoas interesadas en asistir teñen imprescindibelmente que reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621. O prezo do billete é de 2 euros.
por martinho | Abr 9, 2021 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
O Instituto de Estudos Chairegos, continuando coa programación cultural prevista para este ano 2021, organiza o venres 16 de abril, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, unha conferencia a cargo de MARCOS SAAVEDRA, responsábel da Biblioteca Municipal de Vilalba, e que leva por título: Ricardo Carvalho Calero e o galego que poderia ter sido, e há de ser!
Presentará ao conferenciante a presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro.
Este acto estaba previsto para o mes de maio do pasado ano, coincidindo co Día das Letras Galegas 2020 e dedicado ao autor ferrolán, pero, debido ás restricións sanitarias derivadas da pandemia, tivo que ser adiado.
Adxúntase nota informativa de dita conferencia.
por martinho | Abr 9, 2021 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
Mañá sabado 10 de abril ás 12:30 h no Café Cultural EL PUEBLO, en Ourense, comeza o novo programa de Radio Liverdade chamado NÓS AS POETAS.
Convócase a todxs xs ouvintes de Radio Liverdade a seguir a emisión en directo deste primeiro programa que contará cunha poeta convidada, cuxo nome se desvelará ao inicio do mesmo.
Dado que a capacidade no interior do local é limitada polas vixentes medidas sanitarias causadas pola pandemia da Covid-19, gardaranse os estritos protocolos de seguridade establecidos.
por martinho | Abr 5, 2021 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
CÁNDIDO PAZÓ EN “MEMORIAS DUN NENO LABREGO”, ESTE SÁBADO 10 DE ABRIL, ÁS 19 HRS, NA CASA-MUSEO MANUEL MARÍA
Espectáculo teatral baseado no libro de Xosé Neira Vilas que este ano cumpre sesenta anos da súa primeira publicación
Monólogo escénico-narrativo de Cándido Pazó sobre o libro de Xosé Neira Vilas, no 60 aniversario da súa primeira publicación. “Memorias dun neno Labrego” publicouse, en 1961, en Buenos Aires e é un dos libros máis sobranceiros da nosa literatura.
Trátase dun espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista.O prezo do billete é de 5 euros. É imprescindíbel facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.