por martinho | Feb 16, 2018 | Autores/as, Novas, Publicacións, Xeral
José Estévez presentounos a través do noso amigo, o poeta Moncho Bouzas este proxecto para a súa publicación en Culturalia GZ.
PORTUGALICIDADES, como o seu próprio título indica, é unha publicación colectiva de poetas galegos e portugueses. Esta é unha das numerosas iniciativas poéticas colectivas que ten desenvolvido o inquedo José Estévez e que ten traspaso con un notável éxito de participación as fronteiras do país ao entrar no proxecto grande número de versistas de fala portuguesa, e amosando así que non hai fronteiras linguísticas alén do Miño, que une moito máis do que separa. Culturalia GZ e NPG Nova Poesía Guitirica abren deste xeito os soportes cos que conta, á colaboración en irmandade con máis iniciativas e actividades poéticas, artísticas, e de estudo que así o desexen, e asumindo como próprias esas actividades.
Convidamos pois, a disfrutar desta grande obra colectiva, ver nela a poetas coñecid@s e descubrir autores/as que non tiveramos a aportunidade de valorar. O noso agradecendo a Moncho e José por ter confiado en nós para tan fermosa edición e poñer este produto exclusivo no nóso particular estraperlo poético.
Velaí o enlace a dito libro
Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1
por martinho | Feb 15, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
O sábado 24 de febreiro, ás 20 horas, no auditorio da Casa-Museo Manuel María programamos a peza teatral, dirixida para público adulto, “RETRINCOS DE CASTELAO”, que protagonizan os actores Isabel Risco e Fran REi. O texto de Diego Rey é un achegamento ao humor na obra de Castelao, figura fulcral da historia do noso país. A obra fai un percurso polo traballo do noso político e intelectural, achegándonos a súa enxeñosa e fascinante forma de ver a Galiza do seu tempo. A través dun ollo de vidro que dá nova forma á realidade, poderemos ser quen de presenciar a vida das mulleres e homes que habitaron a nosa terra e de comprendermos a nosa historia e o noso presente.
O prezo do billete é de 5 euros e pode facerse a reserva anticipada en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao tel. 698177621.
*Información achegada dende a Casa-Museo Manuel María
por martinho | Feb 15, 2018 | Autores/as, Novas, Publicacións, Xeral
Culturalia GZ da um paso máis na sua curta andaina. Nunha iniciativa que nasceu como um soporte humilde, é a xente da poesía e da cultura quen a fai medrar cada día. Con outra iniciativa tamén modestas en recursos pero grande en ideas e vontade, o grupo poético da NPG, nascido ao amparo do poeta Díaz Castro, as propostas súmanse en número e calidade, en variedade e en território. Así é que hoxe agasallamosvos con unha novidade chegada do país irmao, Portugal. Dous ensaios arredor de duas obras poéticas de Luís Serguilha (Plantar rosas na barbárie e Kalahari), un prestixioso poeta luso, da autoría de Ana María Rodrigues Oliveira, á que agradecemos que se teña lembrado de nós para facer a publicación destes trabalhos. Unha publicación máis arredor da poesía que vai enchendo a nosa estantería virtual neste ultramarinos da cultura. Velaí o enlace.
Mañá máis…
Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1
por martinho | Feb 14, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
O soporte dixital e cultural Culturalia GZ e o grupo NPG seguen a editar libros dixitais para a súa descarga gratuita. Despois de ter editado a compilación das edicións #PoemasPenduradosDeFarolas, o #CertameVilariñas 2017, o poemario ARGONAUTA de Moncho Bouzas e as Taboas pictóricas do falecido Anxo Lamas, doadas a Xermolos, publicará este xoves 15, dous ensaios sobre dúas obras do poeta portugués
Luís Serguilha (Plantar rosas na barbárie e Kalahari) dos que é autora a portuguesa Ana Maria Rodrigues Oliveira; e ao día seguinte, unha obra colectiva de poetas galegos e portugueses coordinada polo lugués José Estévez (PORTUGALICIDADES Poesía en galego e portugués) coa participación de poetas de ambolos dous países. Está em proxecto tamén a edición nas vindeiras semanas dun poemário de Jesus María Trashorras Nogueira e con portada da artista de Monterroso Adolfina Mesa; ou as intervencións da xornada de nacemento da NPG Nova Poesía Guitirica no 25 cabodano da morte de Diaz Castro en outubro de 2015. Todas estas edicións dixitais son publicadas tamén no portal www.galiciadigital.com na súa biblioteca virtual.
Contribuímos deste xeito á publicación e difusión de obra artística e literária asequíbel a todo tipo de creación. O éxito das actividades promovidas pola NPG e Culturalia GZ que terá a súa próxima iniciativa na homenaxe a Rosalia o dia 24 En Santaballa, manteñen á Terra Chá como está potência poética e literária desde a base, facilitando a participación e difusión da cultura en tódolos ámbitos.
Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1
por martinho | Feb 11, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Presentación do libro “GALEGUÍA” de MANUEL MIRAGAIA editado por CHIADO BOOKS, que terá lugar o vindeiro venres, 16 de febreiro de 2018, ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Vilalba. Intervirá o propio autor do libro, MANUEL MIRAGIA, e o poeta chairego MARTIÑO MASEDA.
Velaí a información sobre dito acto facilitada polo IESCHA.
por martinho | Feb 7, 2018 | Autores/as, Novas, Publicacións, Xeral
A pasada semana finou o artista chairego Anxo Lamas. Unha mala notícia para aquela xente que o coñeceu persoalmente ou que admirou a sua obra. Temos hoxe a oportunidade de visitar virtualmente a exposición das taboas que doou á Asociación Xermolos para a Casa de Díaz Castro e que se expón partilhada por diversos lugares de Galiza. Agora mesmo unha parte en Madia Leva! de Lugo, na Casa das Palabras de Guitiriz e na A.C. Alexandre Bóveda da Coruña. A NPG Nova Poesía Guitirica e a Asociación Socio-Cultural Lareira de soños teñen a deferencia de posibilitar a través de Culturalia GZ se vexan esas preciosas taboas con poemas de coñecidos bardos virtualmente polas fotografias realizadas en xuño de 2017 na Biblioteca González Garcés da Coruña, onde foi exposta na súa totalidade. Arte e poesía nunha fusión marabillosa realizada por Anxo Lamas, que recomendamos ver fisicamente pero que sirve para achegar deste xeito a quem non o coñecia e tamén como humilde homenaxe destes grupos por tan triste perda.
Velaí o enlace ao libro dixital onde aparecen recollidas as mencionadas táboas.
Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1