por martinho | Feb 20, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Acto de presentación de «Poder e política na Galiza vilega 1790-1833» en Mondoñedo
Este venres, 23 de febreiro preséntase en Mondoñedo «Poder e política na Galiza vilega 1790-1833. Provincias de Lugo e Mondoñedo», un libro de Editorial Bolanda, con autoría do profesor de Vilaronte (Foz), Xosé Ramón Veiga Alonso.
O acto terá lugar no Centro Comarcal (antigo cuartel), a partir das 20:30 h., e nel intervirá, xunto co autor do libro, o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa.
Xosé Ramón Veiga é doutor en Historia e profesor do departamento de Historia Contemporánea e de América da USC. Ademais é un reputado investigador, cunha longa experiencia, autor en solitario ou en coautoría dunha ducia de volumes sobre historia política e historia agraria, ademais de moitas ducias de artigos que foron vendo a luz en revistas especializadas.
Resume do libro
Entre 1790 e 1833 vívense en Galiza, e no resto do Estado, tempos convulsos, cun mundo antigorreximental decadente mais con forzas dabondo para resistir, e unha alternativa liberal e constitucional aínda en cueiros que turra por ocupar o espazo político. No libro repásase a concreción desta liorta a partires, no fundamental, da análise en clave política e de poder de varias vilas situadas nas daquela provincias de Lugo e Mondoñedo. Os bambeos no poder local e provincial, e a súa concreción en suxeitos históricos con nomes e apelidos, responden á dinámica dun período marcado polo choque entre absolutismo e constitucionalismo, mais en absoluto poden entenderse apelando en exclusiva a factores de carácter xeral que, pola contra, vense obrigados a pasar pola peneira duns microcosmos vilegos que condicionan dun xeito moi importante o resultado e a concreción final das pulsións xeradas no centro.
*Información facilitada por Antonio Reigosa
por martinho | Feb 20, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Velaí a información (arquivo adxunto en PDF) do acto organizado polo Iesha en colaboración con Sermos Galiza para presentar o libro “Os nomes do terror. Os verdugos que nunca existiron” (Represores e represión franquista na Terra Chá), que terá ligar na Casa da Cultura de Vilalba, o vindeiro venres, día 23 de febreiro de 2018, ás 20:30 horas.
Intervirán: Xoán Costa, presidente do consello de administración de Sermos Galiza Xosé Ramón Ermida Meilán, coordinador e coautor do volume e Carlos Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiro, coautor do volume e autor do traballo de estudo sobre a represión no norte de Lugo; pesentará o acto Manuel Roca Cendán, directivo do IESCHA.
por martinho | Feb 19, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
Con motivo da celebración XXIV Festa do Queixo de San Simón da Costa, o 7 e 8 de abril, ábrese o prazo de inscrición para todos aqueles que queiran participar na colocación dun stand na feira.
Todos aqueles que queiran participar na colocación dun stand na feira, poderán facelo cubrindo as fichas de inscrición que se acompañan, segundo o tipo de posto a instalar:Data límite de inscrición ata o 17 de marzo de 2018.
por martinho | Feb 19, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
Vive e disfruta en Familia deste novo Musical de Peter Pan que te fará sentir coma un neno. Non o podes perder!
Wendy agarda observando dende a xanela da súa habitación que ocorra algo. Ten medo de medrar de súpeto. Cando está a piques de durmir, Peter Pan, o heroe dos seus contos, achégase e móstralle un mundo que xamais imaxinaría.
Da man de Campanilla viaxará a Nunca Xamais: un lugar de fadas e piratas. Cantando e planexando trasnadas xunto aos nenos perdidos, enfrontándose ao famoso Capitán Garfio.
Data: Sábado 3 de marzo de 2018
Lugar: Auditorio Carmen Estévez
Hora: 17:00h
Prezos: venda anticipada 12€ / O día da actuación 15€ (en Ataquilla.com e na Casa da Cultura).
Duración: 1H 15MIN
Cesión de sala segundo Ordenanza municipal nº 45.
por martinho | Feb 19, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
Por primeira vez de xira en España o espectáculo Boriska.
Un show diferente onde se mistura a música, o baile, o humor, o mundo circense e o xogo xunto aos personaxes preferidos de todos os nenos.
Boriska conta con grandes e sorprendentes artistas e moitas novidades que os farán pasar una tarde incrible,90 minutos onde toda a familia disfrutará e participará no escenario, sen esquecernos da divertida actuación do noso amigo Boriska,único en España.
Lugar: Auditorio Municipal Carmen Estévez, Vilalba
Data: Domingo, 25 de febreiro de 2018
Hora: 18:00 horas
Prezos: 6 € anticipada e 8€ o día da actuación.
Venta de entradas en Ataquilla.com e na Casa da Cultura no seu horario habitual.
Cesión de Sala según Ordenanza Municipal nº 45.
por martinho | Feb 18, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
O 24 de Febreiro, Dia de Rosalia de Castro, Culturalia GZ, NPG Nova Poesía Guitirica, e a Liga Santaballesa organizan dentro dos eventos que a Asociación de Escritores en Língua Galega AELG promove por toda Galiza, un recital poético feminino no que ademáis das coñecidas poetas
-Pilar Maseda (Vilalba).
-Emilia Mtnez. Fuentes (Vilalba).
-Luz Airado (Vilalba).
-Luz Darriba (Lugo).
-Montse González (Lugo/Verso a Verso).
-Silvia Pardo (As Pontes).
-Maria Pereira (Betanzos).
-Adolfina Mesa (Monterroso).
-Ana Vila Portomeñe (Taboada).
-Mar Beres (NPG Nova Poesía Guitirica).
-Maria Xosé Lamas (Vilalba).
-Ana Mar Fraga Rabade (Cospeito).
-Branca Villar (Labrada).
-Asun Blanco (As Pontes),
e a presentadora do acto, Pas Veres (Os Vilares), dúas rapazas de Santaballa darán lectura ao Manifesto #AbrideAFiestra, que compuxo a escritora María Reimondez, primeira gañadora do Prémio Agustín Fernández Paz.
O público asistente poderá tamén participar coa lectura de poemas de Rosalía e para o remate do acto, o acordeonista de Lanzós, Manuel Figueira, pechará o acto coa interpretación de pezas coñecidas e habaneiras moi acaidas ao espazo no que se celebra, a Escola Indiana da Liga Santaballesa.
Santaballa será a protagonista da homenaxe chairega a Rosalia de Castro o próximo sábado nun lugar, a escola habaneira que simboliza a vinculación da poeta de Padrón coa emigración a través de tantos e tantos recoñecidos versos. Emigración e Muller serán pois parte central dun acto que terá tamén no rural o centro poético da Terra Chá.
http://axendaaelg.blogaliza.org/2018/02/16/dia-de-rosalia-de-castro-2018/
Culturalia GZ
info@culturaligz.com
Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1