por martinho | May 28, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Os Paseos Literarios por Compostela. Primavera 2018 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Santiago.
Con esta nova edición do Ciclo de percorridos literarios por Compostela procúrase outra ollada á historia e xeografía da cidade.
As inscricións previas, gratuítas, realizaranse no correo electrónico teatroprincipal@santiagodecompostela.gal, indicando o nome, apelidos, un teléfono de contacto, e o(s) Paseo(s) ao(s) que se quere asistir.
Cada un dos paseos está limitado a 50 prazas para maiores de 16 anos, e estes son os previstos:
Xoves 31 de maio, ás 18:00 h.
Compostela negra, con Diego Ameixeiras.
Punto de partida: Praza de Cervantes.
Sábado 2 de xuño, ás 19:30 h., no marco da SELIC.
Paseo por unha cidade na palabra, homenaxe a Salvador García-Bodaño. Con Xosé María González Xil.
Punto de partida: Praza do Obradoiro
Xoves 7 de xuño, ás 18:00 h.
Roteiro arredor de Fermín Bouza-Brey en Compostela, con Antón Lopo.
Punto de partida: número 43 da Rúa do Vilar.
Xoves 14 de xuño, ás 18:00 h.
A cidade das augas, con María do Cebreiro
Punto de partida: Ponte Vella do Sar.
*Información achegada dende a AELG.
por martinho | May 24, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
Gala grao profesional 2018 do conservatorio profesional de danza de Lugo, coa representación do “O bosque animado”.
O alumnado de grao profesional das especialidades de danza clásica e danza contemporánea interpretan unha adaptación da obra literaria de Wenceslao Fernández Flórez “O bosque animado”, ambientada na fraga de Cecebre.
Un total de 109 artistas en escea, entre alumnos e profesores.
Lugar: Auditorio Municipal Carmen Estévez, Vilalba
Data: Martes, 29 de maio de 2018
Hora: 20.30 horas
Entrada de balde.
*Información facilitada pola área de Cultura do Concello de Vilalba.
por martinho | May 23, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Está aberta xa a inscrición nos Paseos pola Pontevedra literaria. Primavera 2018, unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Pontevedra.
As persoas interesadas deberán enviar os seus datos (nome completo, teléfono e enderezo electrónico) a pontevedraliteraria@gmail.com, e indicar a que paseo/s queren apuntarse, a partir do 21 de maio. A inscrición farase por orde de chegada ao correo electrónico. O número de prazas é de 50 persoas por paseo. A hora de partida será, en todos os casos, as 11:30.
Estes son os paseos previstos:
Sábado 26 de maio
– Cegoñas no fondo da ría, con Manuel Lourenzo González.
Sábado 9 de xuño
– Polos camiños do Triángulo inscrito na circunferencia, con Víctor Freixanes.
Sábado 23 de xuño
– Josefina Arruti: tras a pegada das que quedaron, con Montse Fajardo.
por martinho | May 23, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Na cuarta feira, 23 de maio, terá lugar ás 20.00 a presentación en Vigo, na Libraría Cartabón (Rúa Urzáiz, 25), do libro “Rebeldía galega contra a inxustiza”. Contará coa participación de Francisco Rodríguez e Xosé Manuel Suárez (coautores da publicación), e Elsa Quintas Albores, da A. C. O Castro, organizadora da actividade.
por martinho | May 23, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
Trátase dunha peza visual e xestual dirixida para o PÚBLICO INFANTIL (entre 3 e 12 anos).
Gonçalo Guerreiro, director e actor na obra, sinala que esta trata dun “espectáculo que conta a historia de Tristán. Un día, de tan triste que estaba decidiu arrincar o seu corazón para nunca máis sufrir e deullo a un paxaro que pasaba por alí. Mais as cousas non lle saíron como el esperaba. Tristán non deixou de sufrir, e o que foi peor, nunca máis un sorriso, por pequeno que fose, se debuxou nos seus beizos. A partir daquel día pasaron a chamarlle Tristán cara de can. Mais a historia non remata así…Dentro dunha misteriosa caixa aparece unha boneca de trapo que vai tentalo todo para facer rir ao noso personaxe. Será ela capaz?”
Podedes ver nesta ligazón un adianto do que será a función (https://www.youtube.com/watch?time_continue=11&v=z9uWMFtCtOc)
A actividade está programada pola Casa-Museo Manuel María e as ANPAs dos CEIPs Otero Pedrayo de Rábade e Laverde Ruíz de Outeiro de Rei. O prezo do billete é de 2 euros e pódese reservar chamando ao tel. 698 177 621 ou escribindo un correo ao enderezo contacto@casamuseomanuelmaria.gal
por martinho | May 22, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
O Instituto de Estudos Chairegos quere transmitir o seu máis fondo pesar polo pasamento do ilustre vilalbés Ramón Chao, referente intelectual da nosa vila, da Chaira e de Galiza, dos bos e xenerosos que levou o idioma do País dende as vizosas augas do Madalena, o río longo e rebordante que percorreu sempre a súa fértil traxectoria vital, até as ondas radiofónicas do Sena parisino, contribuíndo a espallar a cultura galega polo mundo afirmando cada día a identidade da nosa tribo.
Coa nosa inmensa gratitude, que a terra lle sexa leve.
Vilalba, 22 de maio de 2018
XUNTA DIRECTIVA DO IESCHA