por martinho | Jun 25, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
Acto de presentación en Vilalba do xornal O DIARIO GALEGO, que terá lugar o vindeiro martes, día 26 de xuño de 2018, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura, coa intervención de Marisa Berreiro, presidenta do IESCHA; Darío Xohán Cabana, escritor, e Xoan Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza.
*Información achegada polo IESCHA.
por martinho | Jun 21, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños crítica o nulo interés das administracións na restauración das pinturas murais da igrexa dos Vilares (s. XVI) despois medio ano de terse aprobado a restauración na Comisión de Cultura do Parlamento Galego coa votos favorabeis de PP, BNG, A MAREA e a abstención do PSOE.
Médio ano despois non se tem dotado de previsión orzamentaria esta execución, non teñen tomado contacto entre as partes (Xunta, Deputación, Concello e Igrexa) tal e como acordara a Comisión de Cultura e só os técnicos de Património e os autores do proxecto teñen cumprido coas súas obrigas.
A Lareira de soños tense posto en contacto con Património e instado á diócese de Mondoñedo-Ferrol (titular da igrexa) a solicitar a intervención urxentes devido ao alto grado de deterioro dos frescos renacentistas dos Vilares.
O baixo interés das diferentes administracións á hora de recuperar está xoia de arte relixiosa da autoria do Mestre de Parga agranda aínda máis o perigo de desaparición definitiva dos murais, que con unha actuación relativamente barata, tería nuns meses recuperado o seu explendor.
A Asociación volverá a insistir na situación dos frescos e na necesidade de acometer actuacións inmediatas, para o cal só é preciso dotalo de dotación económica, pois hai proxecto adaptado ás esixencias da Dirección Xeral de Património, hai permiso da diócese e se teñen realizado as revisións técnicas in situ dos frescos.
Despois de catro anos reclamando nas distintas institucións a atención a está xoia do património relixioso chairego a degradación das pinturas fai que entren na UCI do património sen ningún Tipo de coidado nin interese pór salvalos nun preocupante pasotismo administrativo.
A Igrexa na que foi batizado o poeta Diaz Castro, coa orixe no século XII, un calvário que leva tamén médio ano con un cruceiro partido e que contén un sartego único e vários retábulos de grande valor, lugar de milleiros de romeiros na Romaría dos Desamparados, padece o abandono político dos diferentes governos e responsábeis que levam anos facendo ouvidos xordos ás voces de alarma de veciños e profesionáis.
Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.facebook.com/osvilares
por martinho | Jun 19, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
RESERVADE a data do 14 DE XULLO para celebrarmos unha nova edición, a 5ª, do CONVIVIO DA CULTURA GALEGA na carballeira de Santa Isabel de Outeiro de Rei. Nos próximos días enviarémosvos información, polo miúdo, do desenvolvemento deste convivio.
*Información facilitada dende a Casa-Museo Manuel María.
por martinho | Jun 18, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
Novos cursos literarios e artísticos na UNED Sénior.
O grupo poético NPG Nova Poesía Guitirica e a plataforma Culturalia GZ colaboran coa UNED Sénior de Aranga, Monfero e Terra Chá na realización de novos cursos de poesía, literatura e arte.
O poeta chairego Martiño Maseda e a poeta/artista Adolfina Mesa serán quen coordinen as clases e obradoiros destas materias, que contarán co apoio da NPG e Culturalia GZ e os seus componentes.
Así, as preinscricións, xunto coa información, poderanse realizar até o 15 de setembro nos seguintes correos:
info@culturaliagz.com
dosvilares@gmail.com
coordinadorunedsenior@gmail.com
Tamén a través das redes sociais da NPG Nova Poesía Guitirica, Culturalia GZ e Os Vilares Lareira de soños.
Para preinscricións chega con enviar a calquera desas direccións
Nome e apelidos
Data de Nacemento
DNI
Estudos
Dirección
Tfno fixo e/ou móbil
E-Mail
PROPOSTAS DE CURSOS:
OBRADOIRO DE POESÍA:
POEMAXE (combinación de poesía e imaxe).
OBRADOIRO DE NARRATIVA:
O MICRORRELATO (a condensación da palabra).
CURSO DE PINTURA E ARTES DECORATIVAS (a emoción reflectida a través da cor).
Obxectivos:
Que o alumnado se achegue ás disciplinas pictórica e literaria (pintura, poesía, narrativa) dun xeito ameno coa intención de provocar un exercicio comunicativo das emocións ao tempo que se adquiren unha serie de coñecementos relacionados coas disciplinas mencionadas.
Finalidade:
Creación dunha antoloxía literaria (poesía ou narrativa) ou pictórica cos traballos realizados polo alumnado ao longo dos obradoiros, para que sexan apreciados por parte do público.
Aberto o prazo de matrícula da UNED Sénior, para maiores de 50 anos
15.06.2018 | | A Coruña
A UNED Sénior da Coruña xa abriu o prazo de matrícula para o curso 2018/2019 e poden inscribirse todos os maiores de 50 anos que queiran unha formación universitaria. A inscrición seguirá aberta ata que se acaben as prazas e comecen as clases en outubro. O ano pasado un total de 365 alumnos acudiron á UNED Sénior e espérase que o número sexa similar ou maior. Ademais dos cursos, antes citados, tamén se impartirán os seguintes: Prevención de Riscos na Vida Cotiá, Actividade Física e Incidencia na Saúde, Patrimonio Histórico, Informática, Música, Canto e Gimnasia. Cada un deles ofrece 30 horas lectivas.
por martinho | Jun 6, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
A Convocatoria da Mostra TEATRONOITE, que se celebrará no mes de xullo, está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Vilalba e está aberta a tódolos grupos de teatro afecionado que representen as obras en lingua galega.
A información e documentación solicitada, deberá remitirse antes do día 22 de xuño.
*Información achegada dende a Área de Cultura do Concello de Vilalba.
por martinho | Jun 5, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
Este sábado día 9 de xuño ás 20.30h preséntase na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, o proxecto para a saída en 2019 de O Diario Galego.
Saleta Goi, presidenta da Fundación Manuel María, Orlando Viveiro, estudoso do patrimonio da Terra Chá, e Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza serán as persoas que intervirán nun primeiro momento, para pasarmos, posteriormente, a un diálogo entre as persoas asistentes.
Nestes momentos Galiza non conta con ningún diario na nosa lingua e para o facer posíbel son necesarias un mínimo de 3 mil subscricións. A empresa editora é Sermos Galiza, que hai seis anos lanzou o diario dixital e mais o semanario en papel, o único que hai nos quiosques en lingua galega.
Gostariamos de contar coa túa presenza e pregámosche que fagas chegar este convite a todas as persoas que consideres.
Para máis información:
https://www.odiariogalego.gal/
*Información achegada dende a Casa-Museo Manuel María.